Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio de vida

jueves, 18 de mayo de 2017
Os nenos son en boa medida o fiel refrexo das familias nas que lle toca vivir.

Os medios de comunicación de masas dinnos que en España o rendemento académico non é o desexado.

Estamos baixos na lista con relación a outros países europeos.
Achácaselle a culpa toda ó sistema educativo e de cada pouco cámbiase; pero o fracaso segue, habendo máis medios que nunca.

Os que peiteamos canas e tivemos a sorte de pasar boa parte da vida no ensino, sabemos que a escola de hoxe en día conta con innumerables máis medios que a de antano.

Non estou dicindo que non necesite cantos máis medios, mellor.
No que quero incidir é na influencia da familia no rendemento escolar da nosa descendencia.

FULANITO NON RENDE ACADÉMICAMENTE.
Cada día vai a peor.
Xa o expulsaron da clase non sei cantas veces.
Xa lle mandaron varias notas á familia, pero non respondeu.

MENGANITO É UN PROTESTÓN.
É un puro e duro contestatario.
Non lle vai ben nada de canto está na programación do centro.

CITRANITO REBÉLASE CONTA TODO.
Pon ó profesorado dos nervios.
Algún xa tivo que pedir a baixa por estrés.
Nin aproveita el nin deixa traballar ós outros…
Etc, etc.

¿QUÉ LLE PASA A FULANITO PARA NON ESTUDIAR CANDO TEN CAPACIDADE MÁIS QUE SUFICIENTE?
-Fulanito déitase á deshora.
-Fulanito ve a televisión ata altas horas da madrugada
-Fulanito os fins de semana volve á casa ás sete da mañá.
-Fulanito bota horas e máis horas enganchado no móvil.
-O pai de fulanito pasa de todo, aínda que nai se desvive, pero non consegue nada.
-A nai de Fulanito xa o deixa por imposible.

¿QUE LLE PASARÁ A MENGANITO PARA ESTAR PROTESTANDO TODO O CURSO?
-Menganito naceu entre disputas entre seu pai e súa nai.
-Menganito ve como seus pais non logran entenderse.
-Menganito ve que seus pais andan sempre de mal humor.
-Menganito está cansado de oír as potazos.
-Menganito teme que seus pais se separen e el non sabe con cal dos dous ir.
-Menganito no está agradecido á vida familiar, por eso patalea.

¿QUE LLE PASA A CITRANITO PARA REBELARSE CONTRA TODO?
-Citranito criouse cos seus avós porque sendo neno perdeu a súa nai.
-Citranito viu como seu pai se foi con outra muller.
-Citranito sabe que seu pai o mandou cos avós, ós que quere moito, pero bota en falta a seus pais.
-Citranito sofre porque seu pai desentendeuse del por completo.
-Citranito non soporta outra muller no sitio da súa nai, porque nai só hai unha.
-Citranito foi un neno moi consentido porque, como lle faltaron seus pais, os avós non sabían que darlle para telo contento…

Poderíamos seguir contando a mil e unha situacións nas que se encontra unha criatura cando a familia non funciona como é debido.

OS NENOS DE HOXE EN DÍA TEÑEN MOITOS MÁIS PROBLEMAS DOS QUE NOS PODEMOS IMAXINAR.

¿Teñen eles algunha culpa ou son víctimas da situación?

Pode que algo dependa da súa parte, pero o peso dos problemas están na familia.
Unha criatura precisa do apoio de familia.
Unha criatura precisa ser querida e ó mesmo tempo correxida.
Unha criatura necesita unhas pautas, uns límites, moit tempo e moito amor.

Alguén pode dicir que en tódolos tempos houbo problemas familiares e está no certo; pero en boa medida a infancia vivía á marxe.
Se a min me preguntan polos problemas de convivencia que había na familia na que me tocou medrar, non o sabería dicir.
¿Por qué?
¿Por qué non os había?
Claro que os había pero coidábanse moito de ocultarmos.

A INFANCIA MERECE VIVIR NUN AMBIENTE FELIZ E MOI AMOROSO.
Os adultos temos que cambiar de vida, se non queremos que a nosa descendencia vaia “a pique”.

MOITAS FAMILIAS ESTÁN MOI ATENTOS e danlles ós seus fillos e fillas a vida que se merecen ó mesmo tempo que conciencian ós seus pupilos para comprender e axudar a eses compañeiros que non teñen tanta sorte.
ESAS FAMILIAS SON O SAL E A LUZ DA TERRA.
Temos moito que agradecerlles

“MOITO QUE AGRADECER”
Ese será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e tamén moitas grazas porque sei que pertence a unha desas familias que saben ocupar o seu debido lugar.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES