Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra homenaxe a Manuel Feijoo en Compostela

martes, 09 de mayo de 2017
Aínda que sexa con retraso,
publicamos hoxe as verbas de presentación
do Concerto-Homenaxe que no pasado decembro se lle tributou
no Patio de Cristal do Hotel Monumento-San Francisco
ó compositor Manuel Feijoo,
con un concerto participativo da “Coral Padronesa”, a “Coral Quiroga Palacios”,
o coro da “Asoc. Exorfeonistas e Amigos do P.M. Feijoo” e mais
da estrela de canto e acordeón Bea Leonardo Labraña. E con só
pezas deste compositor.


Señores e señoras. Irmáns de hábito do P. Manuel Feijoo. Benqueridos fillos-amigos da súa música e privilexiados do seu acubillo fraterno, humano e cidadán: boas noites, Bo Nadal, e boa escoita.

Evidentemente eu non son Carlos Núñez: por razón de saúde fíxoselle imposible acudir a esta cita, que para el, como editor da obra do noso Outra homenaxe a Manuel Feijoo en Compostela compositor era un degoiro contundente… Roga que o disculpemos.

Xaora, ben saben vostedes que polas miñas veas corre sangue de Feijoo e non é moi doado non caer na hipérbole en ocasións como esta. Por outra banda, “señores, eu non son merecente de que entre no voso fogar”. Daquela coido máis honesto botar man dos epigramas xa escritos ou feitos:

Vaia entón o Lapides clamabunt!: case todas elas: as desta casa, que algunhas levantou e arranxou, e as das rúas composteláns, por onde Manuel Feijoo paseaba decote a súa batuta tecendo harmonía cidadán e veciñal.

Vaia tamén a palabra moi sabida de quen no ano 1985 era alcalde de Compostela, Don Xerardo Estévez, pronunciada neste mesmo Patio de Cristal co gallo das Bodas de Plata da fundación do Orfeón Terra a Nosa: decía o edil: “ en Compostela facerlle unha homenaxe a un franciscano, é facerllo a toda a cidade”… Ben se sabe e coñece a ringleira de saios dos fillos de san Francisco urbe adiante, espallando sinxeleza, servizo, compaña, ciencia e…música. E perdoen esta obligada concesión a memoria histórica.

E vaian, logo, as agradecidas palabras do propio Manuel Feijoo no acto de entrega da Medalla ó Mérito Cultural e nomeameno de Fillo Adoptivo de Compostela, que lle concedera o Concello da cidade o 19 de xaneiro de 1985. Decía o fraciscano de floco bohemio e alma ergueita:

“ Se o feito de ter fundado o Orfeón Terra a Nosa e de terme dedicado a el en corpo e alma ó longo de dezaoito anos é constituinte dun mérito cidadán, entón que sexa benvida esta medalla, que nunca soñei”…No nome da cidade de Santiago acabádesme de porfillar. Daquela isto ten unha contrapartida: no meu caso, como franciscano que son, o meu talante de compostelán depende por todo do meu talante de fillo de San Francisco. Tanto serei mellor santiagués canto sexa mellor franciscano. As condecoracións que acabades de concederme estánme remitindo ós compromisos da miña profesión relixiosa… que me meta máis no convento, que sexa máis franciscano e, entón, coa alma acugulada de ben, vaia polas rúas espallando sinxeleza, amor, ledicia, paz…tódalas cousas boas que o pobo precisa e quere dun fillo de San Francisco de Asís.
Fin da cita: o franciscano Feijoo en estado puro.
Outra homenaxe a Manuel Feijoo en Compostela
E cambio de “compás” para rematar cunha columna -que coso con fío propio- aparecida no Correo Galego, asinada por A. Barral, logo despois da aparición en público da súa música nas voces do seu Orfeón Terra a Nosa alá polo 1966, este ano que corre Bodas de Ouro:

“Aquí en Compostela el cielo se hizo nube para besar la tierra, y ésta, coqueta, lanzó al cielo su arquitectura de piedra devolviéndole el beso//. Por extraño privilegio, se ignora si de “meigas” o de “fadas”, las de Feijoo, cuando el alma siente la pasión del beso, la lluvia y el viento se hacen melodía que acaricia, música que aprisiona, ritmo de eternidad…lluvia y viento – ímola escoitar no “Noite Compostelán” dentro dunha miguiña -, mozo y moza de una extraña muiñeira que se baila en los tejados. Lluvia y viento que “entolece” como una gaita gallega, la de los caminos y la de la “Misa para as Romerias” de Manuel Feijoo, o la de su “Pranto por Basilio”.

Lluvia y viento! Romeiros que suben a Compostela por todos los caminos, montados no chedeiro del carro gallego de Feijoo//. Canta la lluvia, silva el viento y el chifre del Afiador, también de Feijoo; aturuxa el viento nuevamente…Melodía de una nana para dormir a los ángeles de Compostela…Asubío, gigante del tiempo, “mozo afiador” que desgasta su rueda en la piedra da Terra a Nosa(¡?), también de Feijoo.

Meus amigos, que lles vou dicir eu de Manuel Feijoo que Compostela non saiba!
Daquela non vai máis, escoitemos logo calados.
Graciñas por viren e boa velada.

(Por se lles apetece, a intervenión de Bea Leonardo Labraña está colgada en Youtube: “Panxoliña Manuel Feijoo”. Fáganme caso, vaian e escoiten alí a esta estrela, quen ven sendo “neta” do compositor galego: seu pai interpretou e grabou varios solos de Manuel Feijoo nos seus tempos primeirizos.)
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES