Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fabricación industrial de tortillas

jueves, 26 de abril de 2007
Os camiños empresariais son ilimitados, e Galicia está case virxe no terreo de explotar industrialmente productos que na terra se producen.

Chámanos poderosamente a atención que aparezan firmas que recollan e procesen cogumelos que logo venden ó Extremo Oriente, que traballen as castañas para transformalas en saboroso dulce, ou envasen grelos para poder consumilos en todo tempo e lugar.

Temos productos magníficos que morren sen ser recollidos ou que se consumen no lugar de procedencia por falla dunha infraestructura e unha empresa que os transforme, envase e exporte.

En Xinzo de Limia (Ourense) a sociedade Lipasa (Limiana de Patacas, S.A.) está buscando terreos para montar unha planta industrial para poñer en marcha unha planta de producción de tortilla de pataca conxelada na que ía investir trinta millóns de euros e só podera investir oito por falla de espazo para situar a súa fábrica.

O do terreo industrial é outro problema, e os concellos tómano en serio para que ningunha iniciativa se desbote por non atopar acomodo físico. O que neste caso nos ocupa é unha iniciativa aparentemente sinxela, que pode facilitar moitos postos de traballo e saída a un producto da terra.

A fabricación industrial de tortillas é un exemplo máis de aproveitamento de recursos do país. Seguro que os nosos conveciños máis imaxinativos teñen moitos outros en perspectiva para seguir sorprendéndonos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Unha boa nova: Xa non se trata de que cada venres recibamos como un mazazo as disposicións...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural