Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo reborn

miércoles, 19 de abril de 2017
Fiquei impactado ao coñecer o mundo reborn no que persoas saudosas de interactuar cun bebé, ou ante a imposibilidade de telo, “adoptan” un boneco hiperrealista (certificado de nacemento incluído) que manifesta as mesmas necesidades (ou case...).

O mundo reborn semella infinito e ofrécenos tanto como poidamos pagar. Hai nais e pais que viven en auténticos fogares reborn con cuartos repletos de bebés e, dun xeito totalmente natural, saen a pasear con eles pola rúa e válense dese hiperrealismo para desenvolver toda a afectividade dunha saudade ou dun baleiro. Hai consortes que apoian plenamente a afección da súa parella e hai todo un mercado que lles ofrece tanto como poidan pagar.

A partir de aquí a pregunta trasládase a psicoloxía e esta respóndenos que, sempre que se distinga o real do xogo ou afección, non ten porque haber maior problema. Entón, o mundo reborn convértese nunha afección máis que, para determinados sectores, abre unha importante vía de negocio.

Non existindo o ser humano perfecto, non existindo a sociedade perfecta, non existindo unha única resposta ante a vida parece sensato invocar o respecto e sobre todo evitar patoloxizar sen necesidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania