Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica do nomeamento de Cunqueiro como cronista oficial de Mondoñedo

jueves, 06 de abril de 2017
Crnica do nomeamento de Cunqueiro como cronista oficial de Mondoedo O 28 de marzo de 1960 a corporación municipal de Mondoñedo nomeaba cronista oficial a Álvaro Cunqueiro. Sucedía a Eduardo Lence-Santar y Guitián, o noso primeiro cronista, falecido o 14 de xaneiro daquel mesmo ano, de cuxo nomeamento celebraremos o próximo 25 abril o centenario.

Cunqueiro foi o segundo cronista oficial, e a súa elección, para o que vén sendo costume neste tipo de decisións, produciuse con celeridade. Apenas transcorrera dous meses e medio desde o pasamento de Lence e xa dera tempo a que se rexistrasen no concello varios escritos de apoio asinados por ilustres personaxes da vida política, social e cultural: José María Castroviejo, Valentín Paz Andrade, Francisco Fernández del Riego, Francisco Leal Ínsua, Celso Emilio Ferreiro, Ricardo Carballo Calero, José Trapero Pardo, Manuel María e, xunto a unha extensa nómina de sobranceiros persoeiros, o que acabaría sendo un dos seus mellores amigos, o avogado vigués Alberto Casal.

O mesmo Cunqueiro, segundo se di no artigo de Xosé Isidro Fernández Vilalba “Os cronistas da cidade de Mondoñedo”, dixital “Terra e Tempo”, en carta dirixida ao alcalde o 22 de marzo solicita “a título gracioso, sin derecho de ninguna clase y comprometiéndose a llevar las obligaciones que se digan anejas al cargo de Cronista Oficial de Mondoñedo”.

Mentres a corporación municipal mindoniense celebraba concello, Cunqueiro escribíalle a Alberto Casal e mencionaba o asunto. A carta publicouse en “Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)”, Cadernos Ramón Piñeiro, XXIII (2012), e no extracto que nos interesa dicía: “Señor don Alberto: En estos momentos, siete y media de la tarde el 28 de marzo, está reunida la Excma. Corporación Municipal de Mondoñedo, –de la Muy Noble, Leal y Fiel Ciudad de–, para acordar mi nombramiento de Cronista Oficial. Parece que la cosa va a ser por aclamación, ya que se ha retirado el candidato, –y no de blanco, sino de negro vestido–, Barja Prieto, Alejo, y el Dr. Mayán, a quien se le suponían veleidades cronísticas, ha estado esta mañana a ofrecerme su voto y a decirme que pediría constase en acta un voto de gracias a mi humilde persona, por lo bien que dejo por ahí adelante el pabellón mindoniense.

Pondré hermoso telegrama anunciando la concesión del alto título. La verdad es que me gusta mucho ser Cronista de mi Mondoñedo, y que si me lo hubieran negado me hubieran dado un gran disgusto”.

Alejo Barja Prieto sería alcalde Mondoñedo uns anos despois. Francisco Mayán tamén foi alcalde desde 1964 a 1966, e cronista oficial desde 2001 a 2010.

Tras a designación, a Cunqueiro, que entón escribía no faio da casa familiar en Mondoñedo, mudoulle a vida. Ao ano seguinte comezou a traballar como redactor de Faro de Vigo, xornal do que foi máis adiante subdirector e director entre 1965 e 1970.

Uns días despois, o 3 de abril, o xa cronista oficial de Mondoñedo publicaba en El Progreso un artigo titulado “Novedades de abril” no que daba conta da primeira noticia como tal: “Finalmente tengo que decir en este artículo, y sea la primera noticia de Mondoñedo que doy en mi oficio de Cronista de la Muy Noble, Muy Leal y Muy Fiel Ciudad, que en el breve huerto que fue de Lence —como el de Lope, “más breve que cometa”—han florecido hermosas clavellinas. Es esta una noticia que el solía dar en las páginas de El Progreso, cuando El Señor de la Vida ponía en el mundo, alegremente coloreada la primavera”.

(Antonio Reigosa é cronista oficial de Mondoñedo).
Reigosa, Antonio
Reigosa, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES