Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agresión fascista ao poeta e escritor Gonzalo Bouza-Brey

domingo, 15 de abril de 2007
Tan axiña me comunicaron da agresión ao amigo,compañeiro e camarada Bouza-Brey, aló me fun ate o hospital para saber o seu estado e máis a da súa compañeira María Isabel Rodríguez. A impresión que tiven ao ver o estado no que se atopaban foi de principio inerrarable, xa que Gonzalo era case irrecoñecible  pola multitude de feridas na cabeza. Lle preguntei como fora esa agresión, e non mo podía crer o que me estaba dicindo. Coméntame Gonzalo…….. “Foi por unha chapa da bandeira da república que levaba a súa compañeira”.
O agresor foi detido e,  tras pasar a disposición xudicial  foi ingresado na unidade de psiquiatría Provincial. Pero eu me pregunto. ¿Coido que non estaría tan tolo, se sabe distinguir unha bandeira de outra?. Non si, digo eu.
Todo isto nos ten que levar a unha reflexión moi contundente. Hai responsabilidades, non soamente do agresor. Aqueles que están continuamente a crispar unha situación política, a excitar os ánimos e instintos dunha época pasada, tratando de que volva aquela España negra, como ven dicía Celso Emilio Ferreiro “ a longa noite de pedra”.
Eses que se vestiron naqueles tempos da transición de demócratas de toda a vida, que mudaron aquela pel de lobo pola de año e agora estáselle caendo esa pel para converterse no que sempre foron. Si, son eses os que están crispando ao persoal desde as ondas de radio e TV, certos xornais e dalgún sector da Igrexa. Pero os máis responsables pola súa catadura moral de miserables, son os que ven coñecemos desde a súa responsabilidade política votándolle máis gasolina ao lume, sendo o máximo responsable desta crispación e baixos instintos ao Sr. Acebes por ser o cabeza visible do Partido Pancartero.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES