Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os homiños de Lugo

martes, 10 de abril de 2007
Tradicionais, tranquilos, ben intencionados, lánguidos…

O concepto non é meu. Aparece ocasionalmente, mencionado quizais por algún homiño que non sabe que o é. ¿Serei un deles?. Os anos – e Lugo – poden facer cousas así.

En Lugo fáltanos forza para empuxar, para tirar. Se loitamos, é para que nada cambie, revolución para conservar, revolucionarios conservadores.

A maior industria que Lugo ten é un posto oficial. Se es funcionario, tés solucionada a vida. Lugo é a capital do público, unha cidade pública.

Eu son funcionario con catro décadas de antigüidade. Tres oposicións, eso sí, que agora hai outras formas.

Na Xunta, perfecto, pero están os sindicatos. No Concello, moito máis doado con trece canles posibles. Na Deputación, agora máis difícil. Nas empresas públicas, de cabeza.

Pero para ser homiño de Lugo non fai falla ser funcionario. Podes ser empresario, profesor, avogado, constructor… Nalgunhas profesións abundan máis.

O que é seguro é que ningún de nós recoñecerá ser –aínda que tódolos seus poros o proclamen – un “homiño de Lugo”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES