Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Deben primar os beneficios económicos sobre os dereitos dos animais?

jueves, 05 de abril de 2007
Estamos acudindo últimamente a un debate cunha enorme transcendencia social sobre a prohibición do campeonato do tiro ao pombiño en A Toxa. Os defensores de tamaña barbaridade (lembremos que a “diversión” consiste en disparar contra indefensos pombiños que son ceibados das súas gaiolas para recibir perdigóns por parte de seres humanos) esgrimen na súa defensa tremendas perdas económicas para o sector da hostelaría se a prohibición continúa.
Desde a Asociación pola protección animal ABEIRO solicitamos do goberno galego que manteña firme a prohibición do campeonato, sen dar solucións alternativas de traslado do mesmo a outro lugar. A responsabilidade do control e coidado dos animais é das institucións, e son estas quen deben aportar solucións e dar exemplo á cidadanía, e non alentar aos defensores de calquer tipo de espectáculo que cause sufrimento, tortura e morte a ningún animal; neste sentido, criticamos as palabras do presidente Touriño asegurando que o certame terá finalmente lugar en Ogrobe, e animámolo a que rectifique pois os actos crueis cometidos contra os animais inculcan unha cultura de violencia e crueldade que desde Abeiro non desexamos para esta sociedade, e desexamos que o presidente Touriño tampouco.

Ao mesmo tempo chamamos ao colectivo de hostelaría de Ogrobe a que reflexione sobre o tema, e se realmente paga a pena os supostos beneficios económicos que a morte de animais indefensos suporía para a localidade. O Salnés ten suficientes atractivos para que a xente se achegue a disfrutar de todo o que ten que ofrecer sen necesidade de que ningún animal sufra.

Para rematar gustaríanolo facer coas palabras do premio nobel José Saramago “ Un animal non pode defenderse; se disfrutas coa dor, se disfrutas coa tortura, se te gusta ver como está sufrindo ese animal...entón non es un ser humano, es un monstro”

Presidenta Asociación pola protección animal Abeiro
Romero, Susana
Romero, Susana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES