Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“A Estratexia do Golpe Constitucional”

lunes, 26 de marzo de 2007
O Partido Popular leva desde fai un tempo cunha estratexia de mobilizacións nas rúas con uns obxectivos non moi doados de ollar a simple vista. Un dos principais é obrigar a Zapatero a dimitir, aínda que sexa por riba da súa maioría parlamentaria. Comezaron co de Cataluña, as convocatorias da AVT con xente extremista apoiadas polo PP e xustificadas polo proceso de paz que queren levar ao bo fin todas as forzas do arco parlamentario, agás o PP. Logo foi o de De Juana e fai uns días o de Nafarroa. O máis insólito e brutal é o boicot a certos xornais e radios. Coido que están chegando demasiado lonxe nas súas ansias de poder, están a xogar con lume ata o límite de apoiarse en elementos de extrema dereita. Témonos que dar conta que os obxectivos estratéxicos de Aznar e Rajoy son a paralización do proceso de paz en Euskadi, e a conversión do xuízo do 11M en que non sexa unha identificación da guerra de Irak.

Se analizamos este proceso e a táctica, nun contexto político distinto e distante, ten unha semellanza co método daquela “mobilización democrática” apoiada en mentiras, boicot a xornais, acusacións sen fundamento na Venezuela do 11 de abril de 2002,. Tanto é así que Rajoy nun mitin en Albacete dixo que nuns poucos meses sería presidente do Goberno e dixo de feito un chamamento á desobediencia ao afirmar que Zapatero xa non era o seu presidente.

Tamén teño que dicir ao facer este sinxelo análise, que de principio contou coa complicidade do PSOE e a inmobilidade política do goberno no discurso que levan a cabo os do PP no “embrutecemento político” da cidadanía, daquelas manifestacións as xornais en favor do PP dos santos baróns do PSOE, Bono, Ibarra e outros, en especial o teatro que está a facer Rosa Díez cunha dialéctica esperpéntica en pro da táctica malévola do PP; daqueles pos veñen estes lodos.

Non nos enganemos , o PP sabe moi ben xogar cos sentimentos, os desexos, os odios e a ignorancia política de moitos dos españois, e utiliza iso e a mentira sistemática como punta de lanza na súa loita contra o goberno, por iso digo que no sexamos ilusos a dereita ten asegurado o electorado, e sabe moi ben que con esta dinámica de enfrontamento, odio e manipulación pode acadar algúns mais de votos; e para desgracia da esquerda son da clase obreira a maioría deses votos, máis os que queren acadar.

Como pode ser posible, segundo unhas enquisas que, os problemas máis preocupantes de España sexan : ETA, Nafarroa, De Juana, Otegui, cando esa banda terrorista levaba preto de tres anos sen matar; intentando tapar as realidades mais relevantes a vivenda para os xóvenes, listas de espera nos hospitais, a corrupción urbanística etc.

Como veño dicindo nesta opinión, están xogando con lume e lles importa moi pouco se o obxectivo e esa estratéxica poden chegar ao poder con ese “democrático” “Golpe Constitucional”.

Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Distincións municipais: Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
Oferta Presencia Web
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información