Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirando Ribadeo con outros ollos. Educar a mirada

viernes, 17 de febrero de 2017
Pregúntalle a 10 persoas menores de 20 anos onde está a Fonte Cavada. Ou a Rúa dos Fornos. Ou a rúa da Muralla. Ó mellor coñecen máis as Ramblas ou a Porta do Sol.

Por se con iso non che queda claro, pregúntalle se desfrutan paseando por Ribadeo, vendo os seus detalles. É posible que che pregunte que detalles. E é posible que o resultado con xente doutras idades mellore, pero non tanto.

Casas de indianos, casas de comerciantes, casas brasonadas, miradoiros... copio dende 'Pensar desde los comunes' (David Bollier): 'a identidade dunha comunidade está inevitablemente asociada á súa xeografía e a súa arquitectura, á súa historia e ós seus líderes'. E falei de xeografía e arquitectura de Ribadeo, pero podería facelo en relación á historia ou ós persoeiros. E non se trata só da posesión da identidade, senón o ser consciente, estar a gusto e desfrutar desa identidade.

Trátase de ver ese detalle da casa de San Roque cada vez que pasas por alí, de saber que podes achegarte á illa Pancha e sentir a beleza da paisaxe ó tempo que o aire na cara, de imaxinarte á xente na feira ó pasar polo Campo, de ver a avenida de Galicia entre campos, sen casas, de chegar ó concello e imaxinar outros tempos onde alí se pensaba no Báltico, ou aqueles outros nos que a creba dunha banca supuxo un quebranto para a xente de Ribadeo...

Procura chamarte a atención a ti m00esmo sobre o detalle de Ribadeo, porque son os detalles os que fan a Ribadeo diferente. E a ti.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania