Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bandas de música silenciadas

viernes, 17 de febrero de 2017
Galicia éche unha potencia en música de Bandas. Son unha ventá aberta ao mundo da cultura. Educan o mellor que levamos dentro e fan un labor irrepetible sementando festa e convivencia. Mobilizan centos de músicos, a maioría deles moi novos, e son capítulo importante da riqueza material e inmaterial das vilas. O duro traballo, a disciplina, o silencio e a escoita, a responsabilidade individual na obra colectiva son valores que deberan cotizar na política a carón da xente. Gobernantes proclives á eucaliptización de Galicia, alquitranar pistas e poñer farolas en corredoiras, campos de fútbol sen mocidade, piscinas climatizadas que non poden pagar a auga quente ou ruinosas desmesuras urbanísticas, consideran innecesaria a cultura e adorno prescindible a música. Así nos vai: 'un país cheo de xente maior, discutindo ideas antigas en casas vellas'.

Mentres chegan noticias demoledoras das dificultades da Banda de Compostela, de que a de Burela vén de poñer punto final a 26 anos de historia, as de Lalín e Silleda levan conquistado galardóns nacionais e internacionais e cicelando o nome de Galicia coa mellor música. Pero se o silencio ocupa o lugar dos sons da música, a nosa terra será máis grisenta e triste.

Inútil a cultura? Prescindible a música? É caro manter unha Banda? Con seguridade os gobernos municipales saben que para os concellos é máis custoso o ruído, o vandalismo, o carpe diem, o botellón. Infinitamente máis gravosa é a incultura.

O que está a pasar coa Banda de Burela, que chegou a ter 45 músicos, é triste para a cultura popular e gratuíta. Nos seus concertos mobilizou centos de afeccionados, músicos, amigos, familiares. Promovía unha riqueza que non se mide en euros. Cultivaba e facía mellores aos que tocaba coas súas notas. Pero o concello non atopou a maneira de financiala nos últimos cinco anos. Agora Burela ten un embaixador menos que leve lonxe o seu nome. No País das Paparotas, perde a cultura nun mapa co bandullo cheo de fitos gastronómicos.

Escribe Nuccio Ordine 'A utilidade do inútil', libro recomendable para todos, tamén para os políticos. 'Se non se comprende a utilidade do inútil, a inutilidade do útil, tampouco se comprende a arte'. Non só é útil o que produce euros: útil é o que nos fai mellores. Como a música. Sen ela somos un país sen espíritu que borra o sorriso dos rostros, a felicidade dos adentros.

En Santiago, en Burela, decisións equivocadas apagan a música. Ao mesmo tempo borran unha parcela necesaria de cultura. A que representa a música de Bandas, a beleza que palpita nas prazas en festa, nos auditorios das vilas lonxe dos palcos exquisitos y exclusivos de pago. En Burela perde a música, perde a cultura. Perdemos unha Banda. Perdemos todos.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania