Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que foi de... ?

miércoles, 18 de enero de 2017
Decotío adoitamos usar esta expresión cando nos decatamos da ausencia prolongada no tempo de algunha persona que tivo un espazo social nas nósas vidas e estamos interesados pola súa situación física: "Qué foi de Pepe, que hai anos que non sei da súa vida...?, preguntamos....?

Pero, do mesmo xeito, usamos a mesma pregunta para referirnos a lugares, establecementos, locais...que ocuparon unha parte esencial no nóso pasado, botamos en falla e fainos senter saudade....?

Qué foi daqueles pequenos que enchían de risas, a Praza de Sta. María, a Alameda, a Ferrería, o Cotarón....?

Qué foi daqueles domingos de calamares, croquetas, viños, e animadas tertulias matutinas. Das colas para ir ó Cine Parroquial ou Teatro Vilalbés non sin antes aprovisionar na Columba: Lágrimas, Froles, cacahuetes tostados artesanalmente (ás veces algo pasados de punto, teño que dicir...).?

Qué foi dos bailes de Entroido e Fin de ano no Casino, no Tatro Vilalbés....?

Qué foi daquelas galiñas correteando soltas polas nósas rúas. Daquelas fedentes pegadas que dende o chán das rúas nos levaban inevitabelmente ás súas propietarias: as vacas.?.

Qué foi daqueles meniños colleitando amoras nas silveiras das nósas corredoiras...?

Qué foi daquelas interminables partidas "senior" de cartas e xedrez no bar Roca ou Fornos... Daquelas tertulias de adolescentes onde se xestaron moitos posteriores matrimonios...?

Qué foi dos pequenos xogando nos recreos diante da escola de Mato, da Maruja do Pardeiro, da Academia, da Escola da Feira?

Qué foi dos boliños de cornos da Tahona?

Qué foi das "pasantías" do Camón, do Camba, de D. Felix, de D. Juan, da Maruja de Francés, de (xa non me lembro do nome pero estaba na Rúa Nova...)?

Qué foi da boa costume social de ir de viños?

Qué foi das merendas do Rañego, do San Pedro en Santaballa?

Qué foi das camiñatas ata Os Freires, Os rairos, a Pena do Encanto, a Pena de Miguel, para irnos bañar no río e logo merendar aquiles chourizos envoltos nunha verza e feitos nas brasas do lume?

Qué foi de todos os que marcharon e nos deixarón ese baleiro no nóso corazón, no nóso espírito, daquiles a quen xa non non podemos apertar, bicar, preguntar os nomes dos nósos bisabós, preguntar: "QUÉ FOI DE...?"
López Ferreiro, Carlos
López Ferreiro, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES