Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 18 de enero de 2017
As escaleiras da Rola

Ola. Chámome Salvador Cristo Rupérez, O Chancas, e quero sentar nas escaleiras de pedra de Zoraida Graciosa Caraseria, A Rola. Fágoo no terceiro banzo, precisamente no terceiro, porque o segundo queda libre e no primeiro deixo caer ou meu 42 de chancas de madeira. Son o derradeiro habitante de toda a vila que calza chancas, que non é cousa de pouco. As escaleiras da Rola están moi ben situadas; miran cara ó leste e Pingas de Orballopolo mediodía, se non fora porque son de pedra, case se derretían. A ver, o de derreterse é no verán. Entenderedes, non si? No inverno xa non falaría delas porque... calquera se senta na pedra con ela medio xeada. Nas escaleiras da Rola dei o primeiro bico, precisamente a unha rula que aterraba á miña beira. A moi condenada non se asustou un carallo. Lembro que a mirei de esguello, baixei a cabeza e planteille un bico no pico. Puido aterrar na aira, pero non, fíxoo nas escaleiras da Rola. Alá ela. Ganouse un bico, o meu bico.

Catro golpes de aixada

Catro golpes de aixada e o soño dun rego que se cría dereito fíxose cachizas. Todos sabemos que nada hai dereito nesta vida que se torce. Sempre se torce. A bomba que ía caer nun arsenal de armas, cae nunha escola de nenos. A velocidade dun coche para presumir ou para chegar axiña, rebenta contra un valado, contra un carballo ou contra un poste de formigón que estaba alí, naquel punto concreto. Catro golpes de aixada e un ril escarallado. Porque hai golpes que fan escachar cousas, incluso o ritmo dun suspiro ou o golpe dun latexo. Sábese que hai aparellos de labranza que che len a cartilla en dúas chantadas e que son capaces, si, de endereitar os regos, pero tamén de torcelos. Como esa vida feliz. Como esa vida escarallada. Catro golpes de aixada e a melancolía dun tempo que xa foi. Agora, a nugalla, torce o sentimento de calquera. A aixada debuxa regos sobre a extensión dunha finca e sobre a pel dunha vida.

Apaiolado con Boom!

Logo de cear botei 20 minutos para acender o ordenador. Porque me apaiolei co programa Boom! A verdade é que me gustan os seus últimos minutos. Sempre me gustaron os programas que fan preguntas culturais. É certo que hai preguntas moi inocentes, pero tamén ten outras que... Estes días están concursando unhas mulleres (xa levan a tira e máis de semanas) que son unhas auténticas cracks. As preguntas abarcan todos os temas habidos e por haber, desde os máis sinxelos futboleiros e cinematográficos ata os máis Pingas de Orballocomplicados físicos e químicos. Digo estes porque a min nunca me caeron simpáticos. Pero aínda así, entretén e sempre se aprende un chisquiño. Precisamente acabo de ver no feisbuq un vídeo que circula por aí sobre a Guerra Civil Española e os dous paspáns (dous mozos) que están de concursantes nin p... idea, e a pesar de que na segunda opción xa se sabía de que ía o asunto. Non é necesario ser moi sabidos, pero nin tanto nin tan pouco.

Que noite máis repelente!

Que noite máis noxenta! Non hai fútbol. Non teño películas para ver. Non sei que facer! Xa levo unha hora co ordenador. E todo cansa. Aínda me quedan dúas, polo menos, para irme á cama. Si, poreime a ler. Pero todo cansa. De rapaz e de mozo botaba horas e horas lendo. Agora, coa idade, volvinme langrán, moi nugallán. Todo cansa. Ata fochicar no feisbuq cansa. Que noite máis repelente! Non sei que facer! Fáltame a miña sesión peliculeira! Ou futboleira. Hai noites nas que hai fútbol, e aínda teño tempo de ver unha película. Pero hoxe nin unha cousa nin outra, non teño nada. Ai por Deus, canto sufrimento! Como tirarme un día sen ler un xornal. Por exemplo, o día de Nadal e Ano Novo, que non houbo prensa escrita. Como sufrín, meu Deus! Agora mesmo xa estou canso de todo. Ata de escoitar a Marvin Gaye. Solución: a cambialo! E poñemos o jazz de Art Tatum. A ver se pasamos algo mellor o tempo. Veña, uns minutiños máis para co ordenador e axiña nos poñemos coa lectura.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES