Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Igualdade de oportunidades?

viernes, 09 de marzo de 2007
Non podemos esquecer o progreso das mulleres no exercicio dos seus dereitos como persoas e como cidadás, pero estes avances non se reparten por igual e as mulleres con diversidade funcional teñen que enfrontarse a múltiples barreiras que dificultan a súa calidade de vida. Na conmemoración do 'Día internacional da muller traballadora' é necesario seguir reivindicando a igualdade de oportunidades e o respecto que merecen todos os seres humanos. O movemento asociativo das mulleres tampouco acaba de reparar nunha parte do seu colectivo por non considerar a variable 'muller e diversidade funcional', quedando así relegado e illado da vida educativa, profesional e social.

Para saír de situacións de desvantaxe hai que empezar por modificar a linguaxe pexorativa que acompañou sempre aos grupos marxinados. Seguen sendo inapropiados termos como 'sofre', 'padece', 'está afectada'... Non é suficiente cunhas leis que favorezan o cambio, se non suprimimos as barreiras mentais. Sirva de exemplo que non admitiron nunha das galas do concurso Operación Triunfo dunha cadea de televisión a unha moza en cadeira de rodas por cuestións de estática. O grado de satisfacción que experimenta unha persoa ten moito que ver coa súa autoimaxe e resulta difícil librarse da influencia das mensaxes publicitarias. Non é a diversidade funcional, senón os factores sociais e ambientais os que provocan problemas de autoestima. Non encaixar no molde establecido de beleza e boa presenza limita as posibilidades de relacionarse.

Se as mulleres en xeral teñen menos oportunidades de acceder a traballos de calidade e ben remunerados, no caso de ter algunha diversidade funcional as expectativas profesionais son escasas. A realidade no mercado laboral é de invisibilidade e de dobre discriminación no acceso ao mesmo, discriminación que aumenta se falamos da muller que vive no mundo rural. Como dato relevante dicir que máis do 75% están clasificadas como 'inactivas' e, por tanto, fóra dos circuítos de inserción laboral. As que traballan están, en moitos casos, en situacións de explotación. A maioría acceden á educación de forma limitada e os niveis de formación e emprego son inferiores aos dos varóns. Se as persoas con diversidade funcional triplican a taxa de desemprego en relación ás persoas sen diversidade, no caso das mulleres aínda dobran a taxa masculina situándose arredor dun oitenta por cento.

Vivimos nunha sociedade que se caracteriza por a exclusión dos débiles e por pechar os ollos ao distinto. Tanto oír falar de mulleres con discapacidades parece dar a entender que existen mulleres con capacidades cando a realidade é que todos os seres humanos teñen unhas capacidades e unhas limitacións. As mulleres con diversidade funcional forman parte da diversidade social e só necesitan oportunidades para poder demostrar as súas. Son máis da metade da poboación e, sen embargo, teñen pouca representación social e política. Hai que perder o medo a participar de maneira activa para derribar barreiras e ideas preconcibidas que impiden ou limitan a inclusión na sociedade. Aínda que estamos no 'Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades', sen igualdade de dereitos e sen dar resposta á diversidade todo se quedará en teorías e declaración de intencións para saír na foto.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES