Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XXI Edición do Certame Literario de Paradela

martes, 10 de enero de 2017
Excelentísimas autoridades, Señor Delegado da Xunta José Manuel Balseiro, Señora Delegada da Deputación e Concelleira do Concello de Paradela Sonsoles López Izquierdo, Señor Alcalde de Paradela José Manuel Mato, amigos e Fillos Predilectos de Paradela Angel Fernández e Xesús Mato, amigo e mantedor deste acto, Xulio Xiz, amigos todos.

Nestas datas de Nadal, Paradela faise ano tras ano un anceiado punto de encontro para a familia de Manuel Rodríguez López. Anceiado porque nos atopamos con amigos verdadeiros cos que vemos acrecentada a súa amistade desde a celebración da primeira edición do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela en 1995. Estes 21 anos engádense a moitos outros anos compartindo recordos e ilusións en torno ó noso nexo de unión chamado Manolo, fillo predilecto de Paradela, familiar noso, amigo de todos, poeta e escritor inmortal nos nosos corazóns.

Entre eses amigos destaca José Manuel Mato Díaz, alcalde de Paradela, amigo personal de Manolo e da nosa familia durante décadas e alcalde de Paradela durante case 40 anos ininterrumpidos. Ese dato é suficiente para demostrar a súa innegable valía. Pero para nós, ademais, representa algo moi importante. O amigo José Manuel Mato foi un dos primeiros impulsores dunha orquestada e impecable actividade pública de recoñecemento e posta en valor e difusión da vida e obra do noso poeta que da nome a este centro sociocultural e segue séndoo hoxe aínda con maior ímpetu. Por non alongar en demasía a nosa itervención, non repetiremos hoxe todo o que fixo e está a facer para homenaxear e impulsar a vida e obra do seu amigo e conveciño. Quedou escrito e falado en moitas ocasións, podéndose ver en vídeos e escritos do certame, da exposición itinerante e doutros actos que están accesibles na páxina web de Manolo (http://manuelrodriguezlopez.org/). O que si repetimos incansablemente é a nosa máis fonda gratitude en nome do propio Manolo e de toda a nosa familia. A figura actual de Manolo non se pode enterder plenamente sen considerar o apoio e o traballo de José Manuel Mato, e de todo o Concello de Paradela e dos seus conveciños. O amigo Xulio López Valcárcel menciona este feito no seu garimoso prólogo do libro do certame desta edición cando di: “Non abonda coa valía, coa calidade, é preciso facela visible para que poida ser coñecida e aproveitada”, agradecendo ó papel fundamental do Concello de Paradela e do seu alcalde.
XXI Edición do Certame Literario de Paradela
Outros dous impulsores desde o inicio de actos e iniciativas de homenaxe a Manolo e cunha actividade constante durante estes anos, son os amigos Xulio Xiz e Xesús Mato. Ambos foron de sempre grandes amigos de Manolo, no caso de Xesús Mato, mesmo desde a infancia en Paradela. Xunto con José Manuel Mato, os dous forman parte do certame Manuel Oreste Rodríguez López dende a primeira edición. Os dous comparten e están a cultivar garimosamente a súa amistade con tres xeneracións da nosa familia. Unha das múltiples probas da forza e da verdadera amistade que nos une e o feito que Carlos, neto de Manolo, comparte vivencias, ilusións e proxectos con Xulio Xiz e Xesús Mato comparables ós que Manolo compartiu con estes mesmos amigos durante a súa vida. Por iso, a nosa gratitude cara estes amigos vese multiplicada ou mais ben, elevada á potencia dun sentimento garimoso e real imperecedeiro.

Ademais de promover a cultura e incentivar a poetas e narradores como os que temos a sorte de ter connosco esta noite, o certame literario Manuel Oreste Rodríguez López é unha efectiva e poderosa forma de difundir a vida e obra de Manolo por todo o mundo. O efecto do noso certame é potenciado por moitas outras iniciativas entre as que destaca significativamente o Proxecto Manuel Rodríguez López. Xulio Xiz e Antonio Giz, director de GaliciaDigital, souberon matizar, materializar, dar forma e ampliar un xermolo de Xesús Mato que foi o primeiro en suxerir a idea de promover a figura de Manolo como posible candidato para o Día das Letras Galegas. Xunto a Xulio Xiz, Antonio Giz adica unha inxente cantidade de tempo e traballo ó proxecto. Antonio e Manolo non tiveron a oportunidade de coñecerse personalmente debido á diferencia de idade. A pesares diso, Antonio converteuse nun dos motores fundamentais da difusión da vida e obra do poeta paradelense. O liderazgo e bo facer do bo amigo Antonio Giz e un dos meirandes motivos do éxito do proxecto Manuel Rodríguez López. Como resultado, Manolo non ten só un día de homenaxe en Galicia, senón que xa leva varios anos de homenaxe continuada a nivel local, galego, estatal e internacional tanto con actos de homenaxe públicos nos que destaca unha impecable exposición itinerante, como a través da difusión por prensa, radio, televisión e internet. Destacados copartícipes do proxecto Manuel Rodríguez López son o propio alcalde de Paradela José Manuel Mato, o secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia Valentín García e o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero entre outros.
XXI Edición do Certame Literario de Paradela
Pero quen foi e que fixo este home ó que estamos a homenaxear hoxe para recibir tal recoñecemento máis de 25 anos despois do seu pasamento e cales son os motivos de que a súa vida e obra sexan máis coñecidas hoxe que en vida?

A materia prima que fai posible esta milagre da que tamén falou o amigo Xesús Mato no prólogo da edición anterior é o legado que nos deixou Manolo, unha mensaxe tecida en verso rimado e en prosa con fondo verdadeiro e imperecedeiro. A clave está non só na forma senón que tal vez tanto ou máis no fondo. A temática da obra do poeta de Paradela céntrase en problemática que non caduca. Escrita desde os anos 60 ata 1990, hoxe é de total actualidade. A inxusticia social, o tema obreiro, a emigración, a saudade, a cultura popular, o amor á terra nativa son algúns dos elementos da obra do fillo predilecto de Paradela que tamén vemos presentes en moitas das obras presentadas no noso certame e no resto da nosa sociedade actual. A historia dos galegos en Catalunya, narracións das viaxes feitas con Anxel Fole, semblanzas de persoeiros ilustres, Paradela como capital da súa Galicia ideal, Catalunya como patria acolledora desde os seis anos, á que conseguiu homenaxear completando pouco antes de morrer a traducción ó galego da gloriosa Atlántida de Verdaguer, así como centos de artigos xornalísticos e outros escritos, audios e vídeos son parte da vida e obra do noso poeta obreiro á que todos podemos acceder hoxe por medio da súa web. O que fai grande o seu legado é que cada proxecto, cada escrito tiña un significado e un porque. Como dixo o bo amigo Xose Manuel Carballo, "Manolo escribía porque tiña que decir e nunca caeu na tentación de decir porque tiña que escribir".

A necesidade do noso poeta de crear e transmitir ideas e sentimentos era dunha irrefenable forza tal que roubaba horas de sono e descanso trala xornada laboral. A súa dona Irene aquí presente sábeo ben. Recordemos que non era escritor profesional e como puntualizou don Xesús Alonso Montero neste mesmo salón de actos, non contou coa formación universitaria coa que disfrutaron outros escritores coetáneos. Pero a súa sólida formación humanística posibilitou que a súa inspiración fluise naturalmente e constantemente. Non deixaba escapar as ideas, non importaba cando ou donde o atoparan. Xa nos recordou nun prólogo o noso alcalde Mato que Manolo sempre ía co seu boíigrafo Parker tomando notas, cando non co seu magnetófono que por certo está exposto permanentemente na biblioteca deste centro sociocultural que leva o seu nome xunto con outros obxetos persoais do noso poeta.

Xa nos contou ben contado o amigo Xulio Xiz nun dos prólogos desde certame o que fai Manolo no ceo dos galegos, dende onde nos está a botar unha man e dende onde nos agarda. Entre tanto, disfrutemos en vida do seu legado e de todas as iniciativas promovidas no seu recoñecemento, especialmente o Certame Literario de Paradela e do Proxecto Manuel Rodríguez López.

Moitas gracias a todos pola vosa presencia.


Texto escrito e lido por Santiago Rodríguez López en nome da familia de Manuel Rodríguez López na ceremonia de entrega dos premios da XXI Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela celebrada o día 20 de decembro de 2016 no centro sociocultural Manuel Rodríguez López deste concello lucense.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES