Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pobreza polo seu nome

miércoles, 28 de diciembre de 2016
Parece inaudito que caiamos nesa linguaxe eufemístico, tan recurrente hoxe en día para suavizar a atrocidade da pobreza. Así dícese de Galiza que o 20 % da poboación está no “umbral da pobreza” e que un 7 % dela “non chega ao fin de mes”. Dito así ata parece que a cousa non está tan mal, ao menos o que está no umbral (algúns din risco para suavizar máis a cousa) faltaríalle soamente un paso para superalo e o que non chéga ao fin de mes ao menos ata entón non estivo mal. En conclusión, parece que non hai realmente pobres, en tal caso hai xente un pouco apurada, a uns soamente fáltalles cruzar o umbral e a outros un empuxonciño para chegar ao fin de mes.

Penso que xa está ben de xogar con estas estatísticas de campanario para mitigar a verdadeira realidade social e dígase claramente que esas persoas son pobres, que viven na pobreza, que a pobreza é miseria e que a miseria é a destrución do ser humano en todas as súas dimensións.

Estar no umbral é estar fora sen poder entrar, non chegar a fin de mes é a edulcoración de non chegar nunca a nada. Chámese á pobreza polo seu nome e a estatística concrétese simplemente no número de pobres deixándose de umbrales e chegadas. Basta con dicir hai tantos pobres ou hai tantas familias que viven na pobreza e se se quere explicar o que se deriva delo, pódese facer dun xeito moi sinxelo: son persoas que levan unha existencia invivible. E todos e todas os que a levamos vivible sabemos perfectamente o que isto significa.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES