Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E despois, queixámonos

jueves, 22 de diciembre de 2016
As queixas forman parte da natureza humana.
Xa din alí:
“O QUE NON CHORA, NON MAMA”.
Pero unha cousa é queixarse con causa xustificada porque a vida nos trata inxustamente e outra ben diferente é dar pé ás queixas; é dicir, buscalas.

Por exemplo:
-O MEU NENO NON COME NADA NO COMEDOR ESCOLAR PORQUE A EL GÚSTANLLE MOITO AS PATACAS FRITAS E SÓ LLAS DAN UN DÍA Á SEMANA.
As patacas fritas gústanlle a tódolos nenos e ós maiores tamén; pero neste caso…
¿Non será vostede a persoa culpable por non educalo a comer de todo?
¿Qué é o máis aconsellable para que leve unha vida saudable?

-O MEU NENO OU A MIÑA NENA SOFRE CIBER-ACOSO A CALQUERA HORA DO DÍA E DA NOITE.
¡ESTO É INSOPORTABLE.
Está mal que o acosen, pero…
¿Que control leva vostede do uso que fai o seu neno ou a súa nena do móbil?
-¿Realmente, necesita o móbil a unha idade tan temperá?
-E que quero saber donde, como e con quen está?
¿Pensa vostede que esa é a solución?
Para saber por donde anda e con quen está, terá que dedicarle moito tempo a falar en familia sobre os valores fundamentais para saber andar pola vida.
¿Realmente dedícalle tempo ou resúltalle máis doado enchufalo/a á tv, a internet, ó móbil..?

-A MIÑA NENA CHEGOU BORRACHA Á CASA, TIVERON QUE TRAELA OS AMIGOS QUE ELA XA NON SABÍA VOLVER; SABE DEUS QUE LLE DERON…
Certamente que eso pode pasar; pero…
¿Non debería controlar vostede os horarios da súa nena?
¿Sabe con quen anda?
¿Sabe por onde anda?
¿Dedíca tempo para falar con ela dos perigos cos que se pode atopar?
¿Qué sabe vostede da vida que leva a súa nena ou o seu neno?

-O PROFESORADO DE AGORA NON SE OCUPA DE EDUCA-LO ALUMNADO; A RAPACERÍA FAI O QUE LLE VEN EN GANA.
¿É misión do Profesorado educar ou é a de ensinar as materias que ten asignadas?
¿Non será misión da familia mandalos educados á escola?
A escola pode axudar pero nunca sustituír á familia.
Cada cual ten a súa parcela.
Complementariedade, si; pero sustitución, non.

-HOXE EN DÍA A XUVENTUDE XA NON RESPETA ÁS PERSOAS MAIORES, SON UNS GAMBERROS, NON FAN MÁIS QUE GAMBERRADAS.
A rapacería que non respeta ás persoas maiores, tampouco respeta a seus pais nin a seus avós.
¿Non terían que ver ese exemplo na propia familia?
-É que eu teño abondo con traballar para que non lles falte de nada.
¿Qué é máis importante... BARCOS SEN HONRA OU HONRA SEN BARCOS”?
Vostede elixe.

A min preocúpame que a xuventude actual non aproveite tantas oportunidades como ten.
Non hai punto de comparación entre as oportunidades que teñen hoxe ás que tivemos as persoas que pasamos dos sesenta.

Non soamente se trata de medios, tamén inflúe moito a actitude de cada persoa ante as circunstancias que lle presente a vida.
A infancia actual non sabe valorar o moito que ten porque non vivíu con pouco.
Dicimos:
“QUE NON TEÑA QUE PASAR AS QUE EU PASEI”
E non lle contamos as que nós pasamos, para que non se avergoncen de pertencer a unha familia con necesidades.
Pero non nos damos conta de que:
-Para saber o que é o frío, hai que pasar calor.
-Para disfrutar dunha frondosa sombra, hai que sufrir o calor dun sol abrasador.
-Para disfrutar da fartura, antes hai que pasar estreitura.
-Para disfrutar duns zapatos novos, hai que aproveitar moito os vellos ou ter un par só como nos pasaba noutros tempos.
-Para saber valorar a compañía hai que sufrir os efectos da soidade.

Así pasa con todo.
Non podemos disfrutar do bo se antes non probamos o malo.
Temos que sentir necesidade.
A necesidade educa moito.
Porque “A NECESIDADE AGUDIZA O INXENIO”
Este será o título do seguinte artigo.

Queixarse é humano, pero poñe-los medios oportunos para evita-las queixas inxustificadas, tamén.
Mellor que queixarse é loitar pacíficamente para construír un mindo mellor para todos.
Graciñas pola súa colaboración e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES