Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trump ou o fracaso da política

viernes, 16 de diciembre de 2016
O showman quere expulsar aos inmigrantes. Presume de que os ten así de grandes. Defende a tortura nos interrogatorios. Denuncia a corrupción un empleador de ilegais nas súas empresas. Éche un especulador inmobiliario. Creou unha universidade online sen licencia e que emitía títulos sen valor. Arrepía que chegue á presidencia do país máis poderoso do mundo apelando ao peor da xente, o odio, o rancor, o medo. Trump éche un paradigma do fracaso da política e do autismo duns partidos que tras a carauta de servizo público agachan unha desaforada loita polo poder.

Como é posible que este demagogo consiga a nominación no seu partido? A xente está asustada, excluída da recuperación pola globalización salvaxe e a crueldade neoliberal con traballos indignos, precarios e mal pagados que non permiten saír da pobreza. Saben que un contrato laboral xa non é garantía contra a pobreza e, humillados, pregúntanse para que serve unha economía que non axuda ás persoas. Percatáronse de que os políticos, en connivencia cos donos do dineiro, crearon un país para o 1%, excluíndo á maioría: 'We are 99%!'

Como nun dos seus realities aparece Trump, vangarda de moitos Trumps, porque na vella Europa, tamén incubamos ovos de serpe no esterco dos populismos, dunha economía sen alma e duns nacionalismos insolidarios e xenófobos. Se trunfan, morrerá o soño da unión de pobos. Custa crer que a Europa das luces e dos dereitos humanos, esté a crear vertedoiros de refuxiados. E que o gueto de Varsovia estea agora no berce da mellor Europa, Grecia.

A Europa dos pobos non é agasallo gratuíto senón fermosa utopía que pode acabar baixo as pezoñas dos Atilas dunha globalización con pontes de prata para os dólares e dolor e concertinas para os derrotados. A civilizada Europa está amezada por tipos como Trump, polos populismos que medran nas sociedades civilizadas ou en países que transitaron da brutalidade e da corrupción comunista ao capitalismo máis corrupto e desapiadado.

É increíble a fascinación por este personaxe excesivo. Vítimas da crise seguen alucinadas a este flautista de Hamelín lingoreteiro, multimillonario dono de moitas empresas, mansións fastosas e un avión privado acorde co seu tamaño: enorme. 'Amo aos que teñen baixo nivel educativo'. 'Hai que se rodear de xente sen éxito', berra. E os fracasados, os que teñen pouco nivel educativo aplauden. Nin conta se dan de que pertencen ao 99% que está a engordar ao 1%, ou ao club que colle no bus de Intermón de superricos como Trump, caricatura tinguida do capitalismo salvaxe e inhumano.

Cómpre elexir entre as luces da razón e a barbarie, entre a unión política ou a regresión social, entre a mestizaxe e a exclusión. Entre a intelixencia e bufóns como Trump, ou o fracaso da política.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES