Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Canto son vinte anos?

martes, 25 de junio de 2002
Vinte anos non son nada se fixésemos caso ó famoso tango, pero todos os que os vivimos unha ou varias veces sabemos a enormidade de tempo que supón se se adica ó traballo, malia ó rapidísimo que pasa. Vinte anos non son nada, só un suspiro, se só temos en conta a velocidade con que o tempo se vai e nos deixa, e seguro que estes vinte anos pasaron como un suspiro para moita xente.

Vinte anos, vistos en función de AMENCER, son un tempo amplo e profundo, froitoso como poucos, no que viron a luz 177 números (este é o 178), que son en conxunto (ver portada do 177) “Semente de esperanza”.

Cada mes en Mondoñedo amence unha publicación fermosa e nova, que abre as portas do seminario Santa Catalina ó exterior e tamén permite que os aires dese mundo exterior penetren a través dos grosos muros que viron pasar tanta cultura e tanta vida.

Que un colectivo de rapaces teña voz é o mellor xeito de facer que os rapaces do Seminario mindoniense se preparen para o mundo que os agarda.

“Amencer” é unha frescura, unha ollada, unha incursión... Unha incursión no mundo do xornalismo. Unha ollada ó mundo de arredor para mellor informar ós habitantes daquel cosmos educativo e relixioso... Unha frescura porque saben mirar serenamente e analisar con claridade, con ollos e mente novos, o que ocorre no contorno.

Cada mes amence en Mondoñedo, e ese amencer chega á miña casa e a centos de casas ou institucións. E van vinte anos. Moito tempo. Vinte anos son moito tempo.

Amigos de Amencer, ¡que sexa por outros vinte anos! (E logo xa pediremos). Unha fortisima aperta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES