Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo aínda non está nos mapas

lunes, 19 de febrero de 2007
Falta de servizos dos camiños de ferro para Lugo.

Escoito pola radio galega, e leo nos diferentes xornais unha nova alentadora: "Increméntanse en 153 os trenes diarios entre diferentes cidades galegas".

Con espectación atendo á nova. Sinto falar de A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Ferrol (conexións có FEVE) Monforte... Poño mais atención por se sae algo da miña cidade, Lugo máis… Grande decepción! Nada! Apenas os venres e domingos os covoios A Coruña-Lugo-Monforte chegaran ata Ourense (saidas de A Coruña 6:40, chegada a Ourense 10:23. Non creo que moita xente vaia facer esa viaxe a non ser levando unha boa empanada para o camiño). Lugo non existe para os planeamentos territoriais. Só para outros planeamentos de dubidoso interese dos lugueses como o pode ser un Plan Xeral de Urbanismo previsto para 300.000 habitantes! De onde van sair? De onde van vir? Como se poderán comunicar 300.000 habitantes co resto do mundo?. Só por autoestradas a base de coches particulares? Por liñas de autobuses privadas? (cada vez menos servizos), é dicir producindo todo o CO2 que as nosas NON-INDUSTRIAS deixan de botar ao ar (quen vai vir pór unha industria a unha cidade que non quere ninguén pór no mapa?).

Un vello refrán galego di: “quen non chora non mama”. Eu penso que basta xa de chorar ou chorimicar. Lugo ten que ter máis peso na política xeral. Os seus gobernantes teñen que demostrar que se interesan de verdade pola cidade que lles confía os seus votos. Se na Xunta de Galiza non se interesan nada por nós, menos podemos agardar do lonxano governo de Madrid.

Non hai nada máis importante que estar ben comunicados. E digo ben, porque o tren, camiño de Ferro é o transporte máis económico, o menos poluinte, e pode ser o máis práctico se da un bon servizo.

Ano após ano, Lugo non fixo máis que perder liñas e comunicacións. Iso colócanos nun perigoso círculo vicioso de afastamento -pobreza-desindustrialización-falta de demanda-afastamento, no que estamos inmersos. Cómpre ter valentía e decisión política para romper ese nefasto círculo que xa está levando a Lugo a ser a capital de Galiza que menos crece, coa povoación mais envellecida e que menos demanda de industria ten. Polo tanto a menos atractiva para atrapar a xuventude, tanto a propia como a que poidese vir de fora.

É tempo de esixir.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información