Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Non todo vale!

lunes, 19 de febrero de 2007
¡Nin nas entroidadas! Hainas mortais. No Entroido e perante todo o ano. Con carautas e disfraces diarios, permanentes. Onde máis se nota é no eido da política, da economía, da Igrexa. ¿Lembran aquelas enquisas sobre a valoración dos políticos e da Igrexa?

Fainos falla memoria histórica. (¡Non é preciso chegar aos suevos!) Con tanto balbordo e consumo axiña esquecemos feitos actuais. Abonda con ollar aos nosos parlamentos e concellos. Crispacións, insultos, mentiras, promesas de futuro (¡sen presente!) a esgalla. Na nosa cidade/Lugo abondan plans, proxectos, pontes, autovías, auditorio, cronista oficial...Todo vendido fai anos. A maioría... para o 2010, 12, 15 ¡Que desmemoriados!

Na Igrexa abonda con lembrar as evidentes contradición das súas mensaxes, insultos e desprezos dalgúns dos seus mensaxeiros (¿profesionais!?) da súa cadea de emisoras que debían ser “estrela/modelo” do diálogo, da reconciliación, da paz, do amor... neste noso País, tan precisado de canles de paz e de convivencia. As súas insultantes e vergoñentas “entroidadas diarias”, descaradas, maliciosas, retorcidas e mesmo diabólicas, son un grave escándalo para crentes, agnósticos e mesmo para ateos e/ou seguidores doutras relixións. Aberrante, duro e puro cinismo reconvertido nunha auténtica hipocrisía. Compre volver ao espírito ledo, sinxelo, inofensivo, crítico e mesmo cómico/festivo e gastronómico do noso rural galego, aínda non tan contaminado.¡Non todo vale, amigos!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O rendible é intermediar: Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información