Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un dia de gozo, de beleza e subrealismo

jueves, 17 de noviembre de 2016
O pasado sábado 16 de novembro tiven ocasión de asistir ao premio Ramón Piñeiro que a Asociación Cultural Val de Láncara ben concedendo a quen “Fan País”. Este ano era xa o XV premio que se deu merecidamente a miña boa amiga Margarita Ledo Andión docta muller de ferro e rosas.

Ali puidemos gozar da depurada prosa sempre brillante do mantedor Xulio Xiz, da precisa e acertada loubanza da premiada por parte de Olalla Rodil intelixente moza, deputada autonómica do BNG por Lugo, e por último escoitamos a académica intervención da homenaxeada.

Ben acompañados polo alcalde de Láncara, que facía de amable anfitrión, vimos a casoupa do pai de Fidel e Raul Castro e atravesamos a magnífica ponte que cruza o rio Neira e que un día foi romano auténtico e via obligada dos correos de cara á corte. Pero en fin, todo isto puídose ler profusamente nas crónicas xornalísticas do día seguinte, por iso o que quero resaltar desta proveitosa xornada foi a miña sorpresa cando pasei polo espazo onde álzase a lousa na que permanecen inscritos todos os premiados dende o comezo de tal evento no ano 2002. A carón dela eríxese a efixie do protagonista do premio, e fillo predilecto de Láncara, o insigne galeguista Ramón Piñeiro, para a certa distancia rematar co busto dun home no que extrañamente destacaba unha montera toureira sobre a testa do personaxe, un toureiro en Láncara!.

A verdade é que xunto a tan ilustre e ilustrado personaxe como Ramón Piñeiro, acompañado, ademais, coa relación petrea de recoñecidos intelectuais galegos, a presencia dun toureiro entre eles dáballe un tono subrealista a aquel espazo. Por iso o meu interese en saber quen era aquel home ao que chamaban Cela, e nada mellor para elo que recorrer a GOOGLE.

Ali entereime que o tal Cela era coñecido como Celita, natural de Láncara e ao parecer o único toureiro galego que tomou a alternativa como tal, na praza de touros de A Coruña o 15 de setembro de 1912 con Manuel Bienvenida como padriño, logo confirmado en Madrid, supoño que por iso de que sen o beneplácito da capital o de provincias non debía de valer moito. Toureou en prazas importantes como a de Barcelona e Sevilla e tamén presentouse en Mexico. A súa última actuación tivo lugar en Madrid o 25 de xuño de 1922. Celita tivo sona como un bó estoqueador, é dicir un bó matador, pois para iso serve o estoque. Celita foi nomeado nada menos que fillo predilecto de Láncara.

De todos xeitos eu quédome co fermoso paisaxe de Láncara, coas Asociacións dese Concello que contribuen cada ano a facer país e co sr. Xulián un labrego de Trasliste que se xugou o tipo negándose a pagar no seu día a fatídica Cuota Empresarial da Seguridade Agraria e que tamén ten o seu espazo público de homenaxe nun monolito inaugurado o 8 de maio de 1993 na súa parroquia.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES