Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toreo e cultura

miércoles, 09 de noviembre de 2016
Non é miña intención inmiscuírme neste artigo na discusión de toreo si ou toreo non, se non discrepar do argumento que utilizan os partidarios de tal evento defendendo o toreo como elemento cultural, entendendo que a consideración de tan elevada función incapacitaría calquera crítica a súa existencia.

A cultura é unha palabra polisémica que foi tratada de diferentes xeitos por distintas disciplinas. Pero a clásica partiu sobre todo da antropoloxía social, e nese campo a cultura reflicte precisamente todo o comportamento dos pobos ao longo da historia para o bo e para o malo.

Pero chegados a unha civilización coma a nosa de avances sociais e humanos, a cultura tomou unha dimensión máis concreta e elevada, identificandoa positivamente con todo aquelo que contribúe a unha esmerada educación, sabiduría e creatividade, a unha lograda humanidade e a unha honorable dignidade. Para conseguir isto xerouse un sistema democrático de convivencia, única vía que se ideou para poder impulsar tais virtudes mediante os medios adecuados educativos, artísticos e humanísticos, de xeito que canta máis democracia maior Cultura.

O toreo, cuxo obxectivo e sacrificar con tortura ao astado, non encaixa en absoluto neste tipo de Cultura ou “alta cultura” para diferenciala da cultura no seu sentido vulgar de carácter antropolóxico onde por exemplo a lapidación ou o burka forman parte tamén desa cultura.

Inténtase recurrir ao famoso “arte de Cuchares” como mostra da súa grandeza artìstica, cando non deixa de ser unha técnica no manexo da muleta que únicamente aporta máis vistosidade ao espectáculo, porque diso se trata, dun espectáculo, o mesmo que pode ser un circo cos increíbles saltos e sorprendentes voltas dos seus trapecistas, ou un partido de futbol coa preciosidade balonpédica dun Messi. En todas estas actuacións e calquera outras pode haber unha depurada e incluso prodixiosa técnica pero nada identificable coa creatividade das “belas artes”.

O toreo, pois, non pasa de ser un espectáculo para diversión mórbica dos que o contemplan e un negocio para os intereses económicos dos que o manexan, a Cultura brila pola súa ausencia.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES