Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Courel Parque Natural

viernes, 09 de febrero de 2007
Estamos seguros de que un pequeno anaco do Courel será Parque Natural, porén dende SOS Courel estamos en contra de calquera “paripé en miniatura” cremos que se debe declarar integramente as cuncas do Lor, do Selmo, do Soldón e do Ferreiriño como mínimo.
A xente do Courel está a favor do Parque Natural, pero estase a boicotear tal declaración por outros intereses que todos coñecedes:
- No Courel non hai médico a partir das dez da noite, dende o 2002.
- No Courel non hai transporte público dende o 2004, cunha poboación totalmente envellecida.
- No Courel non hai nin un só veciño ou veciña que traballe en Medio Ambiente.
- @s trece integrantes das brigadas do lume, traballan fora do noso Concello, non hai ningunha brigada no Courel.
- O Lixo municipal segue tirado polo monte.
- A Estación Biolóxica, non se fai, despois de os veciños da vila de Seoane, comprar un solar por 12.000 euros fai 7 anos.
- A Ferrería permanece pechada dende a súa restauración con fondos públicos, fai arredor de 8 anos.
- O albergue que se rematou no verán do 2006, construído con fondos públicos, aínda non se abriu, por, ao parecer, problemas na relación camas/ metros cadrados.
- No 2003, os veciños pediron o asfaltado da pista forestal que dá aceso directo a Monforte, acurtándose a distancia ao Hospital Comarcal nunha media de 25 quilómetros, en troques a Xunta ven de aprobar a unha super estrada por Quiroga, xustificándoa polo transporte da lousa. Mentres o acceso a A6, segue atascado no quilómetro 3, despois de 3 anos.
- Mentres @s pouc@s veciñ@s que quedan a maioría xubilad@s se afanan por coidar o souto, o mellor da Provincia; a Xunta segue a arar os montes con “buldozers” e a plantar piñeiros.
- Cando xa se ten dabondo comprobado, que as canteiras non serven para fixar a poboación, temos a menor densidade de poboación de Galiza; xa están en marcha 4 novos proxectos para outras tantas canteiras de lousa.
S.O.S. Courel
S.O.S. Courel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES