Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Intransixencia e Intolerancia

miércoles, 07 de febrero de 2007
Remato de ollar na TV e de ler nos xornais o da manifestación de Madrid e podo dicir que me entrou un escalofrío por toda a pel. Xa tiña moi esquecido aquelas aglomeracións na Praza de Oriente, cousa que metía medo polo perigosos daquela xente, aquel xentío que usaba a razón da forza durante 40 anos e que xamais souberon o que significaba a forza da razón.

Hoxe pasoume unha película polos ollos onde non atopei diferencia ningunha daquelas manifestacións á de onte, soamente troca o contexto político. Sentín por uns minutos que nos atopabamos no réxime anterior do Nacional Catolicismo pola súa parafernalia, bandeiras, berros fascistas e o himno nacional, só faltaba Franco no balcón.

Esta xente o único que quere é. Que nada troque, que a razón non triúnfe, que as sacras crenzas e as supersticións fanáticas e cegas impoñan o seu reinado. E que a intelixencia sométase e sexa sumise á norma aceptada desde tempos remotos, tempos sen racional xuízo. Glorificar ao escurantismo. Toneladas de area votemos sobre os engrenaxes que o mundo fai rodar. Que volvamos ao pasado que sempre foi mellor, si, a pretéritos séculos volvamos obedientes. Para eles o progreso éche cousa do demo. Que non aceptemos calquera descubrimento, que o rexeitemos ao momento polo temor receoso, pois o seu poder pode socavar os alicerces das nosas conviccións sagradas e intocables. Só faltaba que berraran aquilo de Millán Astray, “Muera la Inteligencia”, “ Viva la Muerte”

Moita xente nos demos conta que para eles o que menos contaba era ETA e as víctimas, todo era “acoso e derribo” contra o goberno.

Algúns deles son tan dogmáticos que non ven as árbores que hai no monte, escornean e baten contra eles como tolos. Coido que algún día lles chegará a cordura aos que se presentan como “demócratas” e que hoxe están mesturados cos intransixentes e intolerantes de extrema dereita e da dereita extrema.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información