Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pesar do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pola morte de Carlos Casares

lunes, 11 de marzo de 2002
A noticia do pasamento de Carlos Casares Mouriño, máis aló da emoción provocada pola inesperada desaparición dun amigo, ten un enorme impacto pola grande significación e relevancia que tiña para a cultura de Galicia.

Dende o seu recoñecido e sobranceiro labor como escritor ó seu papel de intelectual aberto e comprometido co seu tempo; dende a súa función como director da Editorial Galaxia ou a súa dimensión institucional como presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares aportou sempre talento, sensibilidade, sentido do humor e unha exemplar disposición ó diálogo.

Todas esas cualidades eran ben constatables nos seus textos e, por suposto, nas súas colaboracións xornalísticas.

Como Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quero subraiar a especial gratitude que lle debemos pola colaboración xenerosa que, dende a presidencia do Consello da Cultura Galega, ofreceu sempre a esta institución representativa do xornalismo galego.
García Palmeiro, Xosé María
García Palmeiro, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES