Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matrimonios políticos

lunes, 05 de febrero de 2007
Se son reñidos son os máis queridos, dicía o refrán para os matrimonios.

Quizais para os políticos sirva a mesma afirmación. Entón, Psoe e Bng teñen unha relación amorosa políticamente perfecta.

Por se tiñan poucos motivos de controversia, o concurso para dotar ós nenos das galescolas de mandilóns, orixinou críticas do PP e do Psoe. Do PP, como é natural, polo feito de leva-la contraria. Do Psoe, algo terá que ver o feito de que en principio os temas de educación no bipartito correspondéronlle a esta forza política pero o Bng driblou ós xogadores socialistas e xa que ten as competencias de xuventude prolongou esta acción ás escolas máis xuvenís.

Rebatindo os argumentos utilizados na súa contra – o uso será voluntario, e non son uniformes- Antón Losada publicou un comunicado furibundo. Contra o PP, enténdese. Contra o Psoe, parece máis raro.

O peor lévao o PP, como é lóxico. Pero o Psoe queda englobado na resposta na que se cualifican as críticas de “pensamento máis ben reaccionario”, sopesando se preferían que en lugar de concurso se fixese “a dedo, como antes”, “se lles molesta que se reflicta nun servizo público a identidade do país, ou que o país teña identidade”.

En fin: amor político, que reviste formas non vistas ata agora.

Queda moito tempo ata maio. Moito podemos ver ata daquela nunha convivencia interesada que a todos nos convén que siga evolucionando con normalidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES