Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reválida política en Maio

lunes, 29 de enero de 2007
Na Guarda ou en Folgoso do Courel, en Ferrol ou en Salvaterra, en Carballeda ou en Lugo, o obrigado é falar do concello e os seus políticos, que en maio se van examinar de reválida.
Non son estes os tempos nos que un só podía comentar temas de Concello, pero a pesar de que hoxe o abano é moito máis amplo, os municipais seguen sendo os que nos volven máis sensibles.

Agora podes largar practicamente de todo, e a palabra é tan poderosa que afirma, insinúa, suxire o que ti queres dicir e o que o lector quere entender. Coa escrita pasa igual que co poder. Coa palabra, sabendo usala, dis todo. Coa política –maestros hai– en catro anos podes facer de todo.

Prácticamente resulta o mesmo en tódolos concellos: irresistible ascenso dos amigos constructores e florecemento das grúas en tódalas paisaxes... canles sociais cada vez máis estreitas se non vas polos camiños trillados.... prosperidade dos que se dedican á cousa pública... igualdade de tódalas cores.

Non hai moito tempo, esta afirmación levantaba sarpudillos porque os que aínda non “coñecían poder”, estaban por riba do ben e do mal. O tempo iguala case todo.

Aínda que maio estivera máis lonxe, os temas municipais sempre están de actualidade. Se o Concello é a Administración máis cercana á xente, o que máis directamente nos interesa. ¿Cómo non se vai falar dos Alcaldes, supremos mandatarios locais, e dos concelleiros de arredor.

Porque outra cousa é que o Concello mereza a atención que lle prestamos, que os nosos representantes estean á altura dos representados. Se o están, aquí paz e despois groria. Se non o están, chegaremos a pensar que eso é o que nos merecemos.

Maio, podería ser a solución de case todo. Pero non pasará de ser urna nova reválida sen máis valor que o exáme dunha “maría”.Aínda non sabemos o que pode valer unha reválida.
Gal-O Canthor
Gal-O Canthor


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES