Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De feira en feira cos Cabanela

martes, 11 de octubre de 2016
Nos últimos días do mes de setembro de hai tres anos, Mondoñedo converteuse nunha feira mediática con micrófonos, cámaras e xornalistas dos medios máis diversos interesados por coñecer ou pasar revista á localidade que veu nacer á eminencia médica que ía operar ao que, por aquela era, o rei de España.
A nova saltara nunha rolda de prensa, sen precedentes, que o doutor Cabanela ofrecera en Zarzuela e na que nos deixou frases que se converteron en titulares como: “Yo no sé exactamente lo que hace un rey” ou “El rey al desfile no podrá ir, porque he visto en la tele que pasa mucho tiempo de pie”.

A unha pregunta dunha xornalista sobre o tempo de recuperación de Juan Carlos de Borbón, Cabanela respondeu con ambigüidade e inmediatamente o xefe da Casa do Rei fixo saber que o médico era Galego: “El doctor es de Lugo”, dixo Spottorno. Nese preciso instante os periodistas máis avantaxados xa se puxeron a buscar información sobre Cabanela tocando os seus contactos “en provincias” e descubriron que o especialista en cirurxía de cadeira era de Mondoñedo, daquela comezou todo.

Nos días seguintes unidades móbiles e reporteiros paseábanse polas rúas e prazas da Cidade da Paula preguntando sobre o doutor. José Eduardo González-Seco, curmán do médico, dixo que Cabanela “É un tio moi campechano”, ao que o entrevistador respondeu: “Vanse xuntar dous homes moi campechanos”. Luis Salaverri Cabanela comentou: “Quero resaltar a súa sinxeleza, a súa humildade, nosoutros xa coñeciamos a súa traxectoria, agora coñécena todos”. Arturo Bello comentou que “Miguel é unha gran persoa, moi humano, disciplinado e canta moi ben”.

Modesto Díaz, daquela concelleiro na corporación mindoniense, foi interpelado como cidadán pola Radio Galega, fixo saber que “Miguel é unha gran persoa, amable, encantador e que colabora con calquera veciño que o precisa”, tamén quixo lembrar nese momento Modesto que en Mondoñedo xa estivera unha filla do rei (referíndose á infanta Elena) e amosou o seu desexo de que “a ver si vén o monarca a Mondoñedo unha vez que estea recuperado da súa operación”. Polo momento Juan Carlos aínda non estivo en Mondoñedo, pero a súa nora, a raíña Letizia, visito a localidade estes días.

Daquela era alcalde de Mondoñedo, Orlando González (tamén médico) que fixo unha importantísima labor de comunicación vinculando de maneira moi estreira a Miguel Cabanela coa Cidade do Masma.

Se en setembro de 2013 Mondoñedo foi unha feira mediática, non o vai ser menos a vindeira semana, cando celebremos a 860 edición das San Lucas que veñen cunha ampla programación, variada e dirixida a tódolos públicos. Entre outras moitas actuacións figura a de Still River, un grupo de rock que lidera Dan Cabanela, fillo de Miguel. A banda interpretará temas propios con aires de blues, rock inspirado nos 70, folk, blue grass ou country. O propio Miguel Cabanela confirmou a súa asistencia a este concerto.
Bouso, Fran
Bouso, Fran


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES