Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homaxe a Xulio Xiz

jueves, 06 de octubre de 2016
As homaxes hai que facelas en vida, se non ¿qué sentido teñen?
Iso de falar de qué ben o fixo un que morreu, xa non lle da ó pobre nin para relambernse un cachiño.
Por iso, eu son de homenaxear en vida.
Homenaxear a Xulio Xiz, é perfecto. Xulio está vivo e coleando.

Lembro un día que lle preguntei ¿qué tal a xubilación?.
¿Xubilación?,dicía él, "traballo máis que cando estaba activo".

Xulio está vivo tamén, para homenaxear a persoas. Egrexias ou do común, persoas que tiveron contribuido coa nosa sociedade para mellorala.

Xiz, ou Giz, é unha institución que resolve máis carencias sociais cas propias administracións. Non sei si habería que nomealo Concello de
Xiz, ou Xunta de Xulio.

Xa, Xulio non está só. Ten moi bos amigos, e él é un inspirador para o que non hai empresa pequena. O mesmo monta un televexo que fai entrega dunha navalla.

Un home que se viste polos pes. Cando é non, é non. E cando é sí, é sí ata deixar a vida nelo.

Ainda que cando hai broma, tamén se pode vestir pola cabeza. Recordo unha vez que me contaron que nos estudios da radio que compartimos, arrincou uns cables deses coma usaban as antergas telefonistas, e zás, sin emisión. Penso que era para dar un toque de atención, cousa que conseguíu: despois daquelo implantouse a informática, e adeus cables.

Eu levo unido a Xulio casi toda a miña vida, e iso que contando en horas tampouco pasamos tantas xuntos. Pero case todos os meus recordos persoais e profesionais a cotío pasaban pola súa persoa. Él foi amigo da miña nai Conchita, él foi amigo do meu mellor amigo Marcial, él foi persoa sempre na que fixarme.

Nos meus recordos están eses momentos para tanta fachenda, cando Xulio Xiz Ramil e Marcial Xosé González Vigo, poñían a Lugo e á súa provincia no mapa hispano ao gañar tantos e tantos premios da radiodifusión. Era unha loita contra as dificultades comunicativas dunha idade e provincia da diáspora. De Lugo case que nin as murallas se coñecían fora de nós. Despois daquelo ata en Salou se enteraron de que existiamos.

Por iso, este paso que se da por parte de veciños de Porta de Cima, Xermolos, e o Concello de Vilalba, é moi doado. Eu non me quedaría aquí. O seguinte é declarar a Xulio patrimonio de todos, da humanidade claro, para podelo aloufar en vida durante moitos anos.

Xulio, parabéns. Telo ben merecido.
Núñez Losada, Chema
Núñez Losada, Chema


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES