Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Xico, un heroe

miércoles, 05 de octubre de 2016
Cando era pícaro e coma tódolos pícaros tiña os meus heroes favoritos, eran de ficción como MacGyver ou Frank, o capitan do superhelicóptero “Trueno azul”, pero había un que coñecín en persoa: Lisardo Rivas, o Xico.

Tódolos domingos do verán, ben todos os que non chovía en Foz, ao chegar á Rapadoira sempre me fixaba no aparcadoiro reservado á ambulacia e reparaba se ao seu carón estaba estacionada a Vespa azul do famoso socorrista, e adoitaba estar. Nese momento xa me sentía tranquilo e seguro pois estando o Xico na praia, os bañistas estabamos a salvo.

Téñoo visto en acción algunha vez, poucas, subido á lancha pneumática vermella desteñida, desprazándose cara o lugar do bañista en apuros e saltando dun chimpo, con valentía, a socorrelo. Tamén o lembro vogando á altura das boias co chifre na boca recomendando aos nadadores non traspasar aquela fronteira que limitaba o seguro da bravura do mar.

Suso Fernández, Suso do Bahía, o noso Suso de Foz, o Cronista oficial desta vila mariñeira describe a Lisardo Rivas no seu libro Foz, un lugar de ensueño como “Un tritón con alma de niño, un hombre modesto, servicial, humilde que ha auxiliado a decenas de personas en trances difíciles y que cuenta con el afecto de cuantos le trataron, que se cuentan por miles…”

O Xico, o home, morreu o 31 de xaneiro de 1993. Para ser enterrado, o seu cadaleito saíu da Casa do Concello de Foz cuberto coa Bandeira Azul da Rapadoira acompañado por moreas de persoas que sempre o tiveron en estima. O heroe segue vivo e está en cada un dos gardapraias que vixían os areais da Mariña nos meses de verán.

Os focegos, os mindonienses, os laurentinos e os mariñáns en xeral estámoslle moi agradecidos a este home de peito amplo, necesitábao porque albergaba un gran corazón. En Foz hai unha rúa adicada a Lisardo e un busto feito en pedra que o representa cunha viseira na cabeza e a ollada posta no mar.

E pregúntome eu, agora que rematou o verán, escollerían o azul para bandeira de calidade das praias por ser esta a cor da Vespa do Xico?
Bouso, Fran
Bouso, Fran


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES