Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Difícil o vexo

jueves, 06 de octubre de 2016
Hai quen di que os costumes fan leis e pode que sexa certo.
Levamos moitos anos permitindo –por activa ou por pasiva- que a nosa xuventude cambie o horario do sono.
Saen á hora de chegar e volven á hora de erguerse.
Nos meus tempos divertíamonos nun horario moito más razoable á miña maneira de entender.
Incluso circulaba un refrán que dicía:
“Antes de las diez en la cama estés, mejor un poco antes que después”
Ignoro as razóns, pero falar destes horarios hoxe en día á xente nova, seguramente lles parecerá que eses eran tempos prehistóricos.
A nosa rapacería naceu con outros costumes.
Cada época ten os seus como é moi natural.

Pero poderíamos preguntarnos:
-¿É máis feliz a xuventude de hoxe en día que a dos que peiteamos canas fai moito tempo?
-¿Debemos acomodar os nosos costumes ó ritmo natural do horaio ou será o ciclo día-noite o que terá que cambiar?
-¿Aforramos máis enerxia facendo vida nocturna ata a madrugada para divertírmonos?
-¿Colaboramos mellor co medio ambiente?
-¿Repercuten máis positivamente os horarios de nocturnidade-madrugada no benestar do fogar?
¿É máis divertida a noite que o día?
O certo é que a xuventude de fai corenta ou cincuentaa anos, tamén se divertía, tamén era feliz e tamén facía todo o que corresponde a esa idade divina que chamamos: “xuventude, divino tesouro”.

Ó longo da historia vanse conseguindo moitos logros, pero cambia-lo sentido de xiro do eixo da terra, moito me temo que non se consiga; polo tanto cando toca día, tocan horas de sol e cando non é noite; aínda que a lúa mostre a súa cara máis fermosa.

Tampouco penso que se aforre enerxía.
As que aforran son as compañías elécticas, pero o pobo liso e llano nin aforra enerxía, nin cartos, nin horas de sono, por moito que se divirta a altas horas da madrugada.

O medio ambiente tamén se resinte, porque el tamén debe ter o seu horario para repoñer forzas; pero non: os humanos -como seres superiores da creación-; crémonos coa liberdade de face-las cousas ó noso antollo sen ser conscientes de que estamos malusando a nosa casa común: o planeta terra.

E no tocante á vida no fogar, habería que preguntarlle ós pais e nais de familia para saber como repercute na súa saúde física e mental ese ritmo de vida dos que máis queren: os seus fillos.

Que a noite é divertida, claro que si; pero o día tamén.
¿Ou, non?
De feito os que –normalmente- aproveitamos a noite para descansar e repoñer forzas de modo natural, tamén nos divertimos.
Claro que nos divertimos e ¡moito!
En fin, esto só é unha opinión dunha muller de idade que ten abondo con controlar o seu horario particular para ir disfrutando canto pode nesta etapa da súa vida.
A xuventude: eles e elas verán…
Eso sí: os maiores tamén nos divertimos canto podemos.
Temos que aproveita-lo tempo para divertirnos e para outras moitas cousas porque cada vez quédanos menos; moito menos do que levamos vivido.

“OS MAIORES TAMÉN NOS DIVERTIMOS”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e tamén polo que deixa colaborado para respetar o ciclo día-noite.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES