Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xulio do noso sangue

lunes, 26 de septiembre de 2016
XULIO do noso sangue e do noso sentimento.
Ave cantora.
Luz que alumas coa lúa chea das palabras.
Semente necesaria de fulgor e música.
Fiestra que te abres ao longo das ondas da Valuria resoando
para percutir como unha aldraba na porta de Galicia
e penetrar de incógnito no noso profundo.

MODESTO nos xeitos, acariñado e desprendido,
mais acugulado da paixón que brinca e encende soños.
Vencello que une a cultura do noso
neste lumbrigar de procuras.
Campá insondábel ecoando
coa maxia da sonoridade
en sintagmas congregados coma arpexos
nun sínodo de beleza,
cando os harmónicos sinusoidais se descompoñen en harmonía
e harmonios de palletas libres
como paxaros polo ar senlleiro de notas musicais.

XIZ que marca o rumbo da nosa cultura
no nóumeno da nosa Galicia
que espera coas chaves da memoria
vencellar aos nosos na causa da sabedoría ancestral
para levarnos a pedir o noso,
a pregoar o noso,
a sentir o noso,
porque ti es nós
e nós queremos ser ti.
Xulio do noso sangue
e do noso sentimento.
Xulio, ave cantora, luz, fiestra, paixón, campá
que tocas e posnos arrebato co éxtase da palabra
preñada de pareceres, hidromeles e elixires máxicos.
Deus te garde,
Xulio da nosa alma e do noso sentimento.

(Poesía lida polo autor, Xosé Otero Canto, o 18-09-2016, no Auditorio de Vilalba, na homenaxe a Xulio Xiz).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES