Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Borja Quiza, desde Ortigueira ata os primeiros teatros de ópera de Europa

jueves, 15 de septiembre de 2016
Borja Quiza, desde Ortigueira ata os primeiros teatros de pera de Europa Borja Quiza naceu na parroquia de Ladrido, municipio de Santa Marta de Ortigueira, e pasou por moitos centros de estudio e corais ata chegar a ser un dos barítonos máis cotizados de Europa. Si o pasado ano fixo un excelente e divertido persoeiro central en “La flauta mágica” de Mozart, este ano será o Fígaro de “El barbero de Sevilla” de Rossini, ópera programada en A Coruña para o vindeiro día 17, coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o coro Gaos.

Cando se trasladou coa su familia a A Coruña coa su limpa voz e súa afición axiña se incorporou a coros como “Follas Novas” e o xuvenil da Orquesta Sinfónica de Galicia, licenciádose tamén en Enxeñeiría Informática. Prosegiu a sua formación musical no Conservatorio de Vigo coa soprano Teresa Novoa e logo foi alumno de Carmen Subrido e continuou na Escola Superior de Canto de Madrid. En 2006, gañou una bolsa e puido completar a súa formación na Academia Santa Cecilia de Roma con profesores como Renata Scotto, Bruno Cagli ou Césare Scarto.

Diante do seu vindeiro reto síntese satisfeito “porque posiblemente Figaro sexa o rol que máis fixen e que máis éxitos me aportou no que levo de carreira, xa que é un personaxe que se axusta moito á miña personalidade, así que o paso moi ben cantándoo”. Pero no seu repertorio xa figuran títulos, sobre todo de Mozart e do repertorio belcantista italiano como “Las bodas de Figaro”, “Cossi fan tutte”, “La cenerentola”, “Don Pascuale”, “La Boheme”, “Madame Butterfly” e entre as zarzuelas, “La revoltosa”, “El barberillo de Lavapiés” ou “La del manojo de rosas”.

Polo seu traballo xa lle foron concedidos dous premios importantes: O “Opera actual” ao mellor cantante lírico xove, e ó mellor cantante de zarzuela que otorga o Teatro Campoamor de Oviedo.

Cara ao futuro, gostaríalle cantar “Otelo” de Verdi, “pois o personaxe de Iago, ten unha psicoloxía moi complexa e un discurso actoral moi interesante. E o máis malo de todos os malos.

Ainda que tanto él coma a súa dona, a bailarina Verónica Torres, viaxan bastante para atender aos contratos, a súa residencia está en A Coruña onde recentemente crearon o “Centro Artístico Galemúsica” que é “unha pequena escola que naceu coa intención de ofrecer formación artística integral para rapaces e adultos nun mesmo centro: danza, música, teatro, artes plásticas, etc. "Ainda estamos no comezo pero temos intención de ir medrando pouco a pouco e xenerar un punto neurálxico para artistas de todas as disciplinas. Algo que xa vimos en Madrid e Barcelona, pero que en Galiza non existía”

Borja, nos dous últimos anos, e nas festas de A Coruña saliuse da ópera en dous recitais, un deles cunha big band cantou temas de Frank Sinatra e outro para cantar coñecidos boleros. Xustifícao decindo que “teño gustos moi variopintos e facer este tipo de concertos en paralelo a miña carreira lírica divírteme moito e ademáis creo que axuda a eliminar esa barreira que todavía existe entre a lírica e o resto da música”.

También lle gosta a canción galega e subliña “Lela” de Castelao. Dos teatros nos que actuou fora de España góstalle moito “La Fenice” de Venecia “, que ten unha acústica fantástica ademáis dunha fermosa arquitectura exterior e interior e o de Tel Aviv. E dos que ten desexo de ir fora de Europa figura o “Colón” de Bos Aires.
Mallo, Albino
Mallo, Albino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES