Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As invitacións do Alcalde de Lugo

viernes, 12 de enero de 2007
O Alcalde de Lugo remitiu invitacións para un concerto de música de Nadal, podendo retirarse as entradas nunha Caixa e na Oficina de Turismo municipal.

Varios días antes do concerto, intentouse directamente. Non había entradas. Logo, presentando os tarxetons de invitacións do Alcalde, co mesmo resultado, xa que na Oficina non recibiron máis ca unhas poucas entradas.

De que vale que un Alcalde te invite?. A verdade é que tenta quedar ben, sen costarlle nada. Pero o de quedar ben é un dicir, porque cando hai interese por un tema, pode quedar como un cocheiro. Que non sei porque os cocheiros tiñan tan mala nota.

Conclusión: Despois de que o Alcalde nos engañara coas entradas fomos ver o concerto de Noemí Mazoy na igrexa da Nova. Compartín banco corrido con Francisco Cacharro.

Tamén lle fallou a invitación do Alcalde?. Non: a Deputación patrocinaba ese concerto, e o presidente situouse no coro, na modesta segunda fila, desde onde se ve e se escoita á perfección.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES