Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha verdade como un templo

jueves, 08 de septiembre de 2016
¿Cantas veces oíu dicir que os nenos de hoxe serán os adultos de mañá?
Seguramente que moitas.
Certamente.
Podémolo comprobar nas nosas propais vidas.

Os que pasamos dos sesenta, parece que foi onte cando íamos á escola primaria, cando cursábamos estudios, cando nos deron o primeiro destino laboral, cando casamos, cando naceu o noso primeiro fillo, cando fixo a comunión, cando casou…
¡Pasa tan rápido o tempo!

Por pouco que analisemos a nosa traxectoria vital vemos como fomos superando etapas e que unhas foron consecuencia das outras:

Se nos tocou nacer nunha familia cuns determinados principios, -máis ou menos-, nós seguimos a mesma rota.

Moitas veces lembramos ós nosos ancestros para recapacitar sobre diferentes temas de actualidade e dicimos moi a miúdo:

-A miña madriña dicía: “Deus castiga sen pau nin pedra”. ”Non as fagas nin as temas”. “Non se pode estira-lo pé máis do que dá a manta”.“Non cuspas cara ó ceo”. E outras moitas…
(E nós aplicámonos o conto)

-Miña nai dicía: “Fillo es, pai serás, según o fagas, así o verás”. “A casa é miña e a porta é túa”. “O que de novo non traballa, de vello durme na palla”.

E tomamos nota portándonos ben cos pais, respetando as normas da casa porque se non dormiríamos á intemperie, traballabamos arreo para labrarnos un futuro digno…
E así sucesivamente.

-O meu pai dicía: “Fai ben e non mires a quen”

(E seguimos facendo ben sen mirar a quen aínda que a veces non saibamos moi ben por que o facemos)

Cando observamos unha certa conducta nunha persoa xove que coñecemos de toda a vida, dicimos:
“De casta lle vén o galgo”

Con eso indicamos que é unha persoa que segue a rota marcada pola súa traxectoria familiar.

Para ben ou para mal, todos somos froito da xenética e máis do que nos ensinaron.
Ata onde eu sei, ninguén nace aprendido.
¿Vostede coñece alguén que nacera aprendido?

Eu, non. Neso todos somos iguais. Todos temos que aprender a vivir, a defendernos, a ser persoas de ben…

Cada persoa vai medrando e desenrolándose dentro dun ambiente determinado que configua en boa medida a súa personalidade.

Se unha criatura nace e medra nun ambiente san, equilibrado, entre boas persoas, bo vecindario, boas amistades… ten moitísimas posibilidades de ser unha persoa desas características.

De feito atopámonos con nenos moi maduros e dicimos:
¡Fulanito parece un home vello!
Con eso queremos dicir que é unha persoa moi madura.
¡Haber, hainas!

Do mesmo xeito que se lle toca nacer e vivir nun ambiente corrupto onde cada quen é máis egoísta que o veciño, na súa familia reina un ambiente enrarecido onde a comunicación é escasa e de malas maneiras e no seu país abundan as inxustizas …

Esa criatura ten difícil ser unha persoa sociable, xenerosa, honrada, traballadora, confiada…
Deso tamén vemos máis do que queremos ó noso carón.
Por eso temos os maiores unha gran responsabilidade con relación á infancia e ó futuro próximo.

Resulta algo difícil imaxinar como será o noso país dentro de vinte anos; pero o certo é que será consecuencia do que fagamos neste momento histórico, principalmente coa xente nova.
A próxima xeración daranos o que nós lle deamos neste momento. Nin máis nin menos.
Coido que teremos un futuro cada día un pouco mellor, porque hai moitas persoas loitando por darlle unha educación en valores así como unha boa formación á xente nova de hoxe en día.

Hoxe en día fai falta saber idiomas en moitos traballos, fai falta ter coñecementos informáticos para case todo; fai falta un certo nivel de formación profesional en tódalas ramas laborais. Fai falta saber relacionarse con corrección para que as relacións humanass funcionen.

A xuventude de hoxe en día, é moi consciente deso.

Con tódolos problemas que poida haber actualmente, a nosa xuventude saberá abrirse camiño porque leva unha preparación moitísimo mellor que a que nos tocou en tempos pasados.

Tamén é certo que conta con moitos máis medios.

Se noutros tempos soubemos abrirnos camiño con menos preparación académica, con maior razón se abrirá camiño a nosa xuventude. Outra cousa serán as boas maneiras que non se poderán descoidar.

Tamén é ben certo que a nosa xuventude sobe con moitas máis necesidades que as que sentimos nós cando eramos como eles, pero as necesidades serán un bo estímulo para esforzarse por ter un bo provir.
Se queren ter cousas, terán que sudalas, terán que gañalas.
Que ninguén lles vai a regalar nada, deso estou ben segura.

Necesitarán traballar moito e traballarán. Traballarán con tódalas súas forazas e con tódolos medios ó seu alcance.

Precisan traballar para ter un nivel de benestar digno ó longo de toda unha vida que se presenta cada día máis lonxeva.

Hoxe en día a medicina avanza moito e permite convivir con moitas enfermedades crónicas durante moitos anos.
A lonxevidade é unha realidade.
Eso dínnolo as estadísticas.

Realmente é moi plausible o labor que está facendo a medicina por dar cada día unha mellor calidade de vida durante máis tempo.
Por esa razón:
Nas mans da xuventude poñemos as nosas vidas as persoas de avanzada idade.
Sempre foi así e seguirá sendo, pero de diferente maneira.
“SEGUIRÁ SENDO”

Seguirá sendo: será o título do seguinte artigo porque mentres que o mundo sexa mundo, o xénero humano seguirá multiplicándose.

E mentres nos toque andar por esta vida, a xuventude de hoxe, será o futuro de mañá.
Un futuro asegurado coa renovación xeracional.

Moitas grazas á xuventude que está construíndo o futuro e tamén ós que loitamos pola causa.

E graciñas a vostede pola súa valiosa colaboración e máis por ler este artigo nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES