Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Democracia directa

miércoles, 24 de agosto de 2016
Nestes tempos de incerteza en todos os eidos da vida cómpre reflexionar sobre como acadar unha sociedade con maior benestar colectivo. Para esta reflexión hai que ter en conta especialmente os avances tecnolóxicos que nos facilitan tramitacións burocráticas, comunicacións, promocións de negocio e o feito de dar todo tipo de opinións. Os medios de comunicación, diversas empresas, moitos grupos políticos, sociais e culturais fan enquisas e consultas a través de internet con gran velocidade na interacción. O tema é se é posible realizar unha consulta interactiva que teña todos os garantes de limpeza e que ao mesmo tempo aforre diñeiro ás arcas do Estado.

Teoricamente hai grupos que o están levando a cabo; entón por que non intentar camiñar cara un modelo de democracia directa na que a cidadanía poida aprobar aquelas leis máis polémicas ou polo menos aquelas que lle van a influír no seu día a día?

Nesto hai moitas vantaxes para a cidadanía, entre elas a posibilidade de reducir institucións e incluso o número de parlamentarios sen que iso prexudique a representación da pluralidade. Sen dúbida a cuestión máis importante sería a posibilidade de revocar o mandato dun cargo público en calquera momento e o feito de que determinadas leis propostas pola oposición teñan a oportunidade de entrar en vigor.

A proposta está lonxe da utopía e preto dunha realidade que só precisa o interese colectivo de facernos cargo de nós mesmos, sen delegacións e con fondas implicacións sociais que nos leven a construír unha sociedade e un porvir á altura das nosas necesidades.

A democracia directa é posible pero necesita altura moral, pensamento crítico e conciencia cívica.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES