Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustas de amor

jueves, 11 de agosto de 2016
Non foi un ano tranquilo o 1901 para Mondoñedo. Entre as boas novas do ano podemos contar que en setembro se inaugura a nova igrexa parroquial de Santiago, deseño do arquitecto Nemesio Cobreros, e cuxas campás, que se chaman “Perfecta” a maior e “Josefa” a pequena, son obra do fundidor local Antonio Blanco Palacios. Entre as malas que a principios de setembro se amotinan diante da fonda onde se hospedaba o inspector de Facenda corenta vendedores de quincalla, case todas mulleres, que se colocaban polos arredores do mercado municipal. O tal inspector reclamáballes a matrícula da actividade, e eles non a tiñan. A garda civil colabora para que o funcionario se poda fugar e os ánimos enfrían. Pasou á historia como “El motin de quincalleras”.

Non foi casual que reaparecese polo mes de abril o semanario “La localidad” pois apoiaba a candidatura para o Congreso de Avelino Montero Villegas, fillo do “Cuco de Lourizán”, que se presentaba por primeira vez polo distrito de Mondoñedo. Logo dunha convulsa campaña electoral, e dunhas votacións baixo sospeita, sae elixido este “cuneiro” que había repetir varias lexislaturas.

Entre as mellores novas do ano está que a comisión organizadora das festas en honor da Virxe dos Remedios tira a casa pola ventá. Houbo iluminación especial na capela do santuario e na Alameda, actuou a Banda do Rexemento Isabel, a Católica, de Lugo, houbo baile no Casino e teatro no local da Sociedad de Obreros Católicos a cargo da Compañía Echevarría.

A mesma comisión convocou unhas “Justas poéticas” co tema “Una carta amorosa de declaración, curso ó ruptura de relaciones, dirigida á una dama”. Os poemas, preferiblemente breves, respectuosos coa moral e bos costumes, tiñan que presentarse en castelán e só votarían as señoritas presentes no acto de lectura, previsto para o 16 de setembro. O premios principais recaeron en mindonienses. O primeiro adxudícaselle a unha composición presentada por Bernardino del Riego, funcionario municipal, e o segundo e o terceiro a Jesús Lombardía, e recibiron mencións honoríficas, Joaquín Otero, de Vilalba, Avelino Barbeito, da Coruña. Os premiados, di unha reseña de prensa, tiveron que repetir a lectura das súas creación de tanto como gustaron, aínda que noutros medios se critica a escasa calidade amosada. Mágoa non dispoñermos destes textos para dar a nosa opinión.

Sobre esta moda de convocar xogos poéticos ou florais, polo San Froilán deste ano, premiouse unha composición de José García de Quevedo que dicía: “Tal es la fiebre del día / que infunda a cualquiera miedo / ¡Que de Juegos madre mía! / ¿Palencia, Orense, Almería, / Betanzos y Mondoñedo”.

E xa que vai de poesía, neste mesmo ano tamén aparece o nome de Mondoñedo no número 8 de “París Alegre”, una revista ilustrada que se declara erótica e sicalíptica, e que din: “Por meterse el pulgar en la nariz / de una hemorragia se murió Beatriz /y sus padres, en rico cenotafio / pusieron !oh dolor este epitafio / Aquí yace Beatriz de Mondoñedo / murió muy joven, por meterse el dedo!” Pobre, Beatriz!
Reigosa, Antonio
Reigosa, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES