Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Ano novo, vida nova!

martes, 02 de enero de 2007
Que non soe a tópico, nin se evapore nos estoupidos e burbullas dos cavas. De nós vai depender sexa palpable a utopía. O “pasado xa pasou” di, con retranca, a canción galega de despedida do ano. A nosoutros só nos queda o presente para colaborar na obra dun futuro mellor ¡Posible facer presente! A pesar da presenza da pena de morte consentida por países que se cren valedores do mundo e non asinan a lei dos dereitos humanos e o protocolo de Kioto. ¡Que cinismo a condena do ditador polos mesmos que propiciaron o xenocidio que o levou á forca!.Estamos a vivir nunha cruel e perigosa esquizofrenia colectiva. Sen embargo, a pesar do dito, aumentado aínda máis polas extorsións da ETA, dos enganos, manipulacións da verdade dos políticos, das presións dos amos da economía mundial e das nosas xenreiras e cobizas cotiás... temos a obriga e o dereito á esperanza de vivir nun mundo máis feliz, máis humano e máis fraternal. Temos diante de nós nova oportunidade. Gratuíta e cunha manchea de posibilidades.
¡Aproveitemos este ano 2007 que desexamos sexa feliz e coherente para todos e para todas!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES