Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas ao Director

viernes, 29 de diciembre de 2006
Son, para moitos, válvula de escape. Vocacións frustradas de escritor asoman nesas comunicacións, como botellas no mar que se lanzan ós lectores a través da dirección do medio escrito.

Algunhas inocentes, son expresión natural do sentir. Outras, utilización do medio, para quedar ben diante de alguén. Outras máis, canle de expresión de opinión popular. Pero hai un cuarto grupo (participador tamén en algún dos anteriores) de pura explotación política.

Todos algunha vez nos expresamos politicamente, pero nos medios aparecen auténticos profesionais da opinión con nomes e apelidos, que respiran claramente con halitosis de cor, e procuran crear opinión sobre algún tema do seu interese.

Para eso son as cartas, para que quen non ten outro medio respire con liberdade.

Pero a algúns nótaselles que respiran, asmáticos, con gran condicionamento. E asmáticos non son os nacidos en Asma. As cousas, xa se sabe, nunca son a gosto de todos.

A ver se imos ter que facer como din que dicía Franco: “Faga coma min, non se meta en política”.

Así e todo, o Director, neste casos, ten boa paciencia.
Gal-O Canthor
Gal-O Canthor


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES