Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a TVG e a TVE2

martes, 26 de diciembre de 2006
Unha película da Galega
Televisión Galicia emitiu días pasados a película “Inferno de covardes” protagonizada por Clint Eastwood, que me chamou poderosamente a atención polos dous instantes que contemplei, quero supoñer que froito da casualidade.
Practicando o necesario zapping, cambiando de cadea continuamente forzado polas programacións existentes, atópome cunha escea na que o “xinete solitario” arrastra a unha rapaza ata un alboio, no que a viola coa natural resistencia inicial, que logo se transforma no tamén natural disfrute.
Sigo a cambiar, e cando volvo á película da galega, o mesmo personaxe acomódase pola forza nunha habitación na que a ocupante feminina o ameaza cunhas tixeiras para que “non lle faga o mesmo que á outra rapaza”, ó que o protagonista responde que “ben que o pasou naquel percance”.
A situación resólvese do mesmo xeito, coa manifesta satisfacción final da afectada.
¿Debía TVG suprimir a emisión desta película?. Por menos motivos póñense advertencias na parte inferior da pantalla.
Diante dunha situación así, froito dunha época distante e distinta, algo compre facer para evitar que alguén poida pensar que ese é un comportamento correcto.
A película, dirixida polo mesmo Eastwood, preséntase como posuidora dunha “dose de humor negro tan cruel que roza o sadomasoquismo”. ¡Pois vaia!.

Erro garrafal na TVE2
Na 2, na segunda cadea de Televisión Española, chamada a ser unha canle cultural, tamén ten erros. Graves.
Un deles, o pasado día cinco de decembro, no programa “Saber y ganar”, que pretende e consegue promover a cultura, a intelixencia, a memoria, a repentización.
Un letreiro neste programa proclamaba a definición “DESAUCIADO”. Pero para ser ben, fáltalle unha “h” entre a “a”e a “u”.
Mágoa que non supervisen mellor algo tan básico.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES