Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alicerces, unha revista de estrea

martes, 28 de junio de 2016
Na portada desta publicación indícase: “Revista de estudos sobre o Miño Medio. Tomo I (2015) Chantada – Alicerces, unha revista de estreaLugo”. O indicativo sinala o espazo chantadés, aínda que nos descoloca a medida xeográfica de “Miño Medio”, un novo concepto gracioso de demarcación que non sabemos ben desa medianeira miñota, un tema a matizar. De tódalas maneiras estamos ante unha publicación moi interesante que nos aporta traballos e conceptos moi concretos e nada dispersos, que proceden de persoas que teñen coñecemento de causa do que expresan: saben do que falan. Se este primeiro número promove e consolida unha liña de continuidade temática no futuro, estaremos falando dunha publicación local esencialmente coidada e, sobre todo, de investigación, concentrada nun mosaico xeográfico amplo e con diversos perfís de descuberta.

A Chantada lle faltaba unha revista deste calibre. Non sei se unha gran parte de chantadeses sexa consciente do valor que ten hoxendía este tipo de publicacións, capaces de escudriñar diversos temarios tan importantes e emerxentes, nos que concorre a historia, a arte, a antropoloxía, a etnolóxica, a económica e outras tantas disciplinas académicas. A avaliación é moi interesante na incursión de temáticas específicas como a historia dunha empresa madeireira que nos trae un minucioso estudo de Claudio Otero Eiriz, sobre o cooperativismo, a destrución do mundo rural, que nos chega da mao da antropóloga de Vilauxe, Julia Varela Fernández. Tamén encontramos a colaboración do mellor especialista en toponímica como é Nicandro Ares, entre tantos outros que expoñen temarios sobresaíntes sobre o medio chantadés e non só.

Estamos falando dun espazo moi amplo como o que representa o concello de Chantada, cunha magnitude de temas aínda non estudados que corresponden a múltiples disciplinas da arqueoloxía, arte, historia, etc., que dormen na anomalía do esquecemento e de tantos disparates que a vetusta noite da negación exclúe a memoria. Por tanto, Alicerces vén a cubrir un espazo interesante de investigación, se así se cumpre a súa liña editorial e de acción, polo campo aberto que ten ante si e no que se configura na bisbarra de Chantada, tan carente de estudos locais e de percepción analítica, por falta de apoio e inventiva duns gobernos municipais que non foron capaces de abrir canles e prestar apoio a incentivar a descuberta de tantas cousas aprazadas que enguliu a destrución permitida.

Este primeiro número de Alicerces, tempera un bocado o que poden ser os números vindeiros, non sei se marca os matices dun futuro previsíbel, supoño que si e é desexábel para unha Chantada moi núa e escura no que toca ás publicacións locais e á falta de autoestima do colectivo cidadán. Unha publicación de este tipo pode axudar a frear certos espolios que acontecen e verificar o que é preciso difundir. Un proxecto inicial moi interesante e mesmo moi sensíbel ante as carencias de financiación que precisa este tipo de publicacións.

O consello de redacción de Alicerces o conforman cinco persoas co director, Xosé Méndez Pérez un coñecido e destacado investigador que vén da disciplina eclesiástica e mentor de numerosos traballos da historia medieval de Chantada e non só. Estamos falando de unha persoa moi especial, de culta calidade científica e intelectual, que leva gran parte da súa vida investigando nos grandes arquivos de carácter nacional, con documentación orixinal para concluír sobrias investigacións como a última publicación sobre a historia do mosteiro bieito de S. Salvador de Asma (Chantada), parroquia da que é natural. Tendo un director destas características non deixa de ser un incentivo fundamental para continuar o vieiro posíbel que demanda este tipo de publicacións.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES