Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño norte por San Martiño. Albergue de peregrinos

jueves, 23 de junio de 2016
A Asociación Abrindo Camiño, de ámbito comarcal que, dende Mondoñedo, lidera Luis Ansedes, desenvolve un meritorio labor a prol da difusión e promoción do Camiño Norte de Santiago, con especial incidencia no seu paso pola nosa bisbarra. Neste sentido ven facendo sinalados esforzos reivindicando que no trazado do mesmo figure a alternativa o desvío por San Martiño: non deixa de sorprender que lugar tan carismático e de tan outo significado e interese dende a perspectiva relixiosa,histórica e cultural, con documentados precedentes da existencia en tempos de hospital de peregrinos quedase á marxe, mesmo á beira do itinerario que no su día os responsables marcaron.

A inclusión do mesmo no roteiro non viría senon a enriquecer éste ó facilitar ós caminantes a oportunidade de coñecer e contemplar tan singular monumento.Naturalmente a iniciativa de Abrindo Camiño necesita da solidaridade e o apoio da sociedade, comezando polos que ostenta a representación dos intereses cidadáns; ou sexa, os concellos, nesta ocasión de xeito especial, por razóns obvias, o de Foz, con cuxos responsables o colectivo leva loitando dez anos para que dote dun albergue as proximidades de San Martiño que é servicio fundamental para que o lugar se convirta en punto de parada e fonda.

Os vindeiros días 24 e 25 vai a celebrarse en Mondoñedo unha importante xuntanza para celebrar a IX Xornada do Peregrino e tratar nela asuntos relacionados co Camiño de Santiago, que foi declarado Patrimonio da Humanidade, coa asistencia de destacadas autoridades e expertos.Esperamos que daí saia a rectificación do lapsus cometido con San Martiño e o compromiso de verdade do concello de Foz de dotar o lugar do correspondente albergue de peregrinos, indispensable para acadar os obxetivos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES