Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recopilación de Mini e Mero

miércoles, 17 de abril de 2002
RECOPILACIÓN DE MINI E MERO. Cantos, Coplas e Romances de Cego (II).
OPHIUSA, Lugo, 2001. 390 páxinas.

Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio son os nomes de pila de Mini e Mero, lucenses da Terra Chá, dabondo coñecidos no eido da música galega. Son mestres no rural, cofundadores de “Fuxan os Ventos” (1972-82), fundadores de “A Quenlla” (1984…?), musicólogos, intérpretes, autores de libros (“Contos de Vellos para nenos”- “Somos Lenda Viva”), etc. Amáis diso atoparon tempo para a recolla de música tradicional e da sabedoría popular da xente do rural. ¡Non só para recollela, coidala e conservala… senón tamén para transmitila-espallala e devolvérllela ó pobo, o menos contaminada posible!.

“Cantos, Coplas e Romances de Cego” (II) vén a se-la continuación do 1º tomo da serie que se tenta publicar ate esgota-lo arquivo. Son 196 testemuñas de transmisión oral. No soporte duns cantos, coplas e romances de cego…está reflectida parte da vida-historia dos galegos. Axudados por amigos (mesmo cregos e mestres), co mesmo agarimo co que espallaron a música popular na década dos 70 (con “Fuxan os Ventos”-“Galicia canta ó neno”, etc.)… adicáronse tamén a dialogar-intercambiar-beber cultura, viva aínda “nos nosos sabios anónimos”, na xente das nosas aldeas. ¡Unha das poucas oportunidades “non perdidas”, gracias á teima destes buscadores das súas-nosas raíces!.

O volume vai arrequentando cun prólogo (“Obra de Camiñantes”) de Anisia Miranda-Xosé Neira Vilas e a presentación (“limiar”) dos autores. Acompañan tamén o libro: un cartel (unha historia de “amores tronzados” con debuxos de Sabela Arias (ilustración da portada) e tres CDs coas melodías de 94 temas nas voces dos seus propios informantes-intérpretes.

Estamos ante un traballo serio-riguroso-coherente. Así foi, así sucedeu…¡e así hai que contalo-amosalo! ¡Sen arranxos-compoñendas!. Un material a disposición dos expertos que son os que teñen a obriga e a tarefa de profundar na alma destas manifestacións tradicionais.

Que esta nova aportación axude ós estudiosos do folclore (e a cultura popular en xeral) a coñecer mellor e ¡a valorar-amar máis! a Galicia e á súa-nosa xente.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES