Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os carreiros da nostalxia

sábado, 11 de junio de 2016
Pingas de Orballo:
Os carreiros da nostalxia

O jazz de Louis Armstrong entra coa suavidade dun suspiro no meu entendemento, mentres soño Os carreiros da nostalxiacon ser a súa trompeta e o sorriso de Ella Fitzgerald. Sempre hai momentos nos que a música, a maiores de amansar ás feras, fai bailar os dedos sobre a mesa ou os pés sobre o cemento. Ó mesmo tempo o sentimento vai e vén por entre os carreiros da nostalxia. Queda a ollada perdida na á dun soño e o latexo dun asubío pasa polas corredoiras da infancia. Ou da adolescencia. Non hai volta de folla; unha e outra vez os recordos retroceden para buscar aquelas airas cheas de palleiros e de medas, para buscar aqueles xogos que nunca tiñan fin e para buscar aqueles minutos no mazadoiro da burga. Canta memoria hai esculpida nese asento, nesa pedra! Cantas imaxes se debuxan no reflexo da auga quente! Segue Louis Armstrong coa súa voz rota dicíndome cousas que non entendo. É entón cando boto man de Ella Fitzgerald para que me arrole na suavidade do seu peito. Cada ritmo da saudade é coma un pase de baile no medio dunha folla en branco. Ou na punta dun lapis. Ó final son os carreiros da nostalxia os que te levan por unha vida labrega chea de novelas baratas que encheron todo un mundo de fantasías, de soños e de realidades que van moito máis alá de calquera ficción. Collo un carreiro calquera. E penso. E soño. E vivo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES