Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das Letras Galegas

lunes, 30 de mayo de 2016
Hoxe a UNED Senior da Coruña estamos a festexar o Día das Letras Galegas, a lingua da nosa terra. Este día está adicado a un personaxe tan querido como é Don Manuel María. Eu escribín estas insignificantes frases, sinxelas pero con moito agarimo, pensando ademáis, no que lle gustaría escoitar ó noso protagonista, que por amar tanto a Galiza teno ben merecido.

Ti querida Galiza, terra que me víu nacer e á que eu tanto extrañei cando tan lonxe dela fiquei. Lembro o “chirrido” dos carros cantando por aquelas corredoiras cheas de lama e pedras, canto lonxano que a cada paso se achegaba mais preto das nosas casas e daba vida e alegría á xente que alí vivía.

O meu carro carrexa millo, carrexa herva e centeo, carrexa patacas e fabas, carrexa todo aquilo que as familias precisamos. Por iso meu corazón quedou do carro prendado.

Choran as flores dos toxos, tamén choran as das xestas ó verme ir polo camiño alonxándome delas; e chora meu corazón por ter que deixar atrás todo aquilo que eu amo pois marcho sen saber que será o que atoparei aló onde fique eu.

Un día decidín marchar lonxe de Galiza á procura de diñeiro. Algún máis si que o gañei, pero non me compensou o que en Galiza deixei: a tristura e a morriña de vivir o día a día lonxe da miña familia.

No traballo e na rúa, na mesa cando comía, pensaba: “¿que estarán a comer na miña casa, sentados arredor da lareira falando do traballo que farán pro outro día?”. Ás noites non durmía sen antes percorrer na miña memoria cada recuncho da casa, da casa onde nacín.
Galiza agarimosa,
doce e bondadosa.
Galiza terra fermosa.

Escuma branca,
ondas profundas dos nosos mares
que lonxe de min quedades.

Os mares, rios e vales,
e o verde das nosas campiñas.
O chío dos paxariños...
Todo iso é Galiza, a nosa terra querida.

Galiza ten cabida pra todos,
mulleres, homes e nenos,
pero ó non poder sostelos,
chora e sofre por eles.

Nesta terra eu nacín,
aquí nela me criei,
tamén fun ó estranxeiro,
pero a esta terra voltei
e nela quero morrer,
onde os meus pais enterrei.
Calvo Sánchez, Josefina
Calvo Sánchez, Josefina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES