Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cidadanía da diferenza

lunes, 04 de diciembre de 2006
Este ano conmemoramos o “día internacional das persoas con discapacidade” enmarcado na aprobación da manoseada Lei de Dependencia, agora denominada “Lei de autonomía persoal, atención ás persoas en situación de dependencia e a súas familias”. Abondan iniciativas para cuantificar, catalogar e etiquetar ás persoas. Podemos preguntarnos con que escala se van valorar os seus sentimentos, as súas necesidades, as súas relacións... e tamén a quen lle vai interesar o proceso vital que atravesa a persoa e a orientación que quere dar a súa vida. Baixo a palabra dependencia mesmo semella que se confunde a capacidade de tomar decisións coa capacidade de realizar determinadas actividades físicas. ¿Verdade que custa admitir que as persoas con diversidade funcional non son seres pasivos e que tamén son sociedade?

As leis son importantes, pero tamén é importante o avance social no que temos que implicarnos todos. Segue a falarse dunha poboación que “sofre” discapacidade. A diversidade funcional (discapacidade) é algo que se ten, non algo que se sofre. O que se sofre é a discriminación permanente por sermos diferentes. Lembremos algunhas accións discriminatorias aparecidas en titulares en distintos puntos da nosa xeografía: a) “Un discapacitado denuncia a Renfe por trato discriminatorio” (a empresa non lle facilitou a plataforma para subir ao tren), b) “Oposicións con barreira” (un aspirante que utiliza cadeira de rodas négase a examinarse porque á sede para discapacitados só se accede por escaleiras), c) “Educación destina un desván como clase para nenos autistas”, d) “A un peldaño da Universidade” (un minusválido quédase sen asistir a unha charla sobre discapacidade polas barreiras da Facultade), etc…

No seu trámite parlamentario a Lei mellorou notablemente aínda que seguimos sendo cidadáns de segunda sen opcións a unha plena participación social. Por se fora pouco, a nosa diferenza tamén leva consigo un sobresforzo económico. O concello de Barcelona fixo un estudio no que cifra en máis de 27.000 (vintesete mil) euros o custe medio extra que unha persoa con diversidade funcional tería que afrontar cada ano para acadar un nivel similar ao resto da poboación. É para pensar...

Necesítase un cambio de mentalidade e a colaboración de todos para desterrar termos cheos de connotacións negativas. A sociedade ten que pasar dunha visión centrada na discapacidade a unha visión centrada na dignidade e os dereitos do ser humano. O valor da persoa como persoa non depende das súas capacidades. O noso é máis un problema social de dereitos, de discriminación... e, polo tanto, a solución debe vir desde unha perspectiva social e non médica. Coñecemos e asumimos as nosas limitacións, pero non por iso deixamos de ter proxectos e ilusións como calquera. Somos diferentes co mesmo dereito a vivir en igualdade e dignidade; por iso temos que construír un mundo baseado na cidadanía da diferenza.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES