Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Romaxe artesá da Chaira

jueves, 26 de mayo de 2016
A Romaxe artesá da Chaira forma parte das diferentes actividades de dinamización que se promoven dende o Concello de Muras e tentase que serva como punto de encontro entre os veciños; tanto o Consistorio como a Asociación comparten os obxectivos desta proposta é dende o primeiro momento viron esta colaboración como unha grande oportunidade para os intereses comúns.A Romaxe artesá da Chaira

Esta iniciativa pretende converterse nun espazo de encontro multidisciplinar entre artesáns chegados de diversos puntos do país onde os anfitrións sexamos os artesáns da Terra Cha, que permita relacionar e intercambio entre nos e mostrarnos a sociedade en directo; reivindicando así unha cultura viva, a contemporaneidade dunha decena de oficios, así como mostras de gastronomía e o baile e música galega en directo. Paralelamente reclamando a recuperación económica, cultural e social do rural mediante a posta en marcha de proxectos de emprendemento sostíbel e respectuoso co medio.

Cremos que a mellor maneira de manter vivos os nosos oficios é achegalos a todas aquelas persoas que senten unha debilidade pola artesanía e polo feito á man, facéndolles ver que hai outras maneiras de gañarse a vida sen ter que deixar atrás a nosa terra. Apostamos porque se coñezan estes oficios en perigo de extinción dende a nosa propia experiencia.

A Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Chá nace da inquedanza dun grupo de mulleres e homes, que teñen en común a súa aposta por crear una alternativa de vida persoal, cultivando un oficio artesán co obxectivo de contribuír á mellora do desenvolvemento económico social e cultural na nosa comarca.

Os oficios artesáns foron o alicerce fundamental da evolución da nosa sociedade dende tempo inmemorial, conxugando a sabedoría tradicional do oficio coa innovación e adaptándose os tempos para producir e crear obxectos e pezas, cuxos valores mais destacables son: que están feitos de xeito sostible, que teñen a capacidade de ir creando identidade, e que sempre son pezas únicas e non clonadas.

Aínda que Manuel María escribiu "A Terra Chá é unha casa aquí e outra acolá...", nos ben poderíamos dicir "A Terra Chá é un Obradoiro aquí e outro acolá", pois estamos espallados por toda a comarca.

Os nosos obradoiros están situados no entorno rural ou en pequenas vilas, representamos unha gran diversidade de oficios e temos o noso arredor moito patrimonio material e inmaterial: xacementos arqueolóxicos, os castros, o medieval, o relixioso... sen esquecelo natural e ecolóxico: ríos, lagoas, humedais, Insuas do Miño, fragas e flora autóctona...

A nosa comarca é eminentemente rural e agrícola, e estamos asistindo dende hai anos a un deterioro económico e social do noso entorno, a artesanía pode ser unha alternativa viable de vida, si se traballa conxuntamente e de xeito transversal, tanto a administración, como os artesáns e obradoiros existentes na zona... as posibilidades non teñen límite!

Grazas pola atención e dende A Fraga desexos de saúde, pingas de sorte e moreas de labras.
A Romaxe artesá da Chaira
Ledo, Vicente
Ledo, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES