Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María da Terra Chá

martes, 17 de mayo de 2016
Hoxe é o Día no que os chairegos celebramos en corpo e alma a festa do noso patriarca literario, Manuel María, despois de que hai dous anos o fixéramos entusiasmados con Xosé María Díaz Castro.

Aos dous persoeiros – Diaz castro e Manuel María- a Real Academia Galega e todo Galicia dedicoulles o Día das Letras Galegas dos anos 2014 e 2016, e foron e están sendo ocasións de celebrar de xeito masivo, total, esta festa da galeguidade por tratarse de dous homes familiares, humanos, que en vida foron amigos nosos, cercanos, tanxibles, pilares fundamentais das letras galegas e para os chairegos referencias fundamentais –moito máis ca literarias- dunha das comarcas máis singulares de Galicia.

Díaz Castro foi a poesía total, a dignificación da linguaxe literaria, a conciencia do noso devír histórico: "un paso adiante e outro atrás, Galicia"… Manuel María foi o conformador da Terra Chá, creador da biblia dos chairegos, dando vida a un concepto de país, unidade a unha terra, conformando unha entidade xeográfica, histórica e humana, ata entón sentida, intuída, real desde que o Manuel publicou en 1954 o poemario Terra Chá con poemas lapidarios, esenciais, definitorios: “A terra chá é plana; non hai xeito de medila dunha ollada”, ou “A Terra Chá somentes é un pobo aquí, outro acolá… mil arbres, monte raso; un ceo chumbo e tráxico onde andan as aves a voar. O resto é soedá”.

Este ano, ao Manuel dedícaselle o día das Letras, considérase o poeta nacional, faise universal a súa poesía… todo desde un punto de vista filosófico, cerebral, político ou social… pero dados como somos os chairegos ás romarías, o noso amigo Manuel terá sempre anual romaría no cemiterio de Outeiro de Rei cada oito de setembro, e sempre será lembrado como “Manuel María da Terra Chá”, como o especialísimo caso do escritor que cun só libro convirteu unha terra longa e aberta, que tan só nunha pequena parte se chamaba “Tierra llana”, na inmensa realidade socioxeográfica, pequena patria, comunidade viva, que en honor do Manuel e para honra de todos os que nela vimos a luz primeira chamamos “a Terra Chá”, e que hoxe, 17 de maio, se convirte na capital e punto de referencia de todo Galicia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES