Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perigoso Besteiro

martes, 28 de noviembre de 2006
Penso en alomenos cinco Besteiros “perigosos” por intelixentes.

Primeiro, Julián, o malfadado político quizais nado no Corgo, que quixo poñer paz na España en guerra e resultou crucificado. Logo, o escultor, Otero Besteiro, que asombrou ó Madrid de hai corenta anos coas súas excentricidades e a súa arte. En feminino, López Besteiro, Manuela, exemplo brillante de política feita por muller. Na comunicación, o imaxinativo organizador de Riotorto, Jose María Besteiro, creador dun imperio audiovisual en alza. E na política lucense, Gómez Besteiro, José Ramón.

Ten boa planta, cabeza amueblada, fala ben, é educado e traballador. Con esa infraestructura, qué pinta en política?.

¿Que como leva esto Orozco?. Pois parece que mal, e Besteiro, chamado ás maiores metas, está aparentemente postergado no Concello de Lugo.

Aprendeu Orozco de Cacharro este xeito de sega-la herba? A solución de arredar ós que máis valen nunca é rendible.

Cando Orozco caia -algún día caerá-, estará alí Gómez Besteiro para tomar o relevo. Porque polo que se ve, hoxe por hoxe, Besteiro só é “perigoso” para Orozco.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES